AS NEVES
A Policía Autonómica imputa aos presuntos autores de dous incendios en As Neves e Lousame
Durante este ano, a Policia Autonómica imputou a un total de 13 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
Axentes da xefatura da Policía Autonómica informan da imputación de dous persoas como presuntos autores de dous lumes en As Neves e Lousame.
Axentes da Policía Autonómica de Vigo procederon á imputación dun veciño como presunto autor dun delito de incendio forestal, que tivo lugar o pasado 25 de abril, no lugar de Barreiro, parroquia de Tortoreos, concello de As Neves, cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais, de maneira neglixente. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución nº 3 de Ponteareas (Pontevedra).
Así mesmo, axentes da Xefatura Territorial de Santiago, determinaron a autoría dun incendio ocorrido o derradeiro 27 de abril no concello de Lousame, cando ao investigado, se lle escapou unha queima que estaba a realizar. Dito feito foi posto en coñecemento da autoridade xudicial competente.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 13 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103