Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación firma o convenio de colaboración coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra

[Img #24651]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ramón Touza, asinaron esta mañana o convenio de colaboración para o fomento do deporte pola que a institución provincial aporta 25.000 euros.


Carmela Silva destacou que era unha honra colaborar coa institución deportiva más antiga da cidade e ademais nun deporte, como é o atletismo,  con pouca presenza mediática apesares da súa importancia. De feito, a Presidenta da Deputación destacou que a Gimnástica conta co seu equipo masculina na división de honra e o feminino na segunda división nacional.


A Presidenta agradeceu a Ramón Touza a laboura que desenvolve ao fronte da institución deportiva e animouno a seguir traballando para conquerir que os 400 atletas  con que conta na actualidade sigan medrando.


Esta convenio enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda  a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.


A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares  coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Club Ciclista Froiz  ou o Atlético Guardés.      

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.