O PORRIÑO
A alcaldesa do Porriño asiste, xunto aCarmela Silva, á presentación oficial da XIII Edición do ‘Festival de Cine de Cans’
![[Img #24656]](upload/img/periodico/img_24656.jpg)
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu este martes á presentación do XIII Festival de Cine de Cans que se celebrará na parroquia porriñesa dos días 18 a 21 deste mes de maio.
García de la Torre reiterou a implicación do Concello co festival que “pon a Porriño no mapa”, e engadiu que nesta edición a intención da Concellería de Cultura, da que tamén é titular, é que Cans chegue a toda a vila e poidan gozar do mesmo todas as veciñas en veciños.
A alcaldesa indicou que ademais da axuda económica, a meirande das trece edicións do festival, o Concello traballou para incrementar a implicación de todos os porriñeses, co desfile de chimpíns polo centro da vila, coa colocación dun ‘dinocan’ diante da Casa do Concello ou a participación das rapazas e rapaces, por medio dos colexios, nunha exposición de debuxos relacionados co festival, visible na zona peonil do Porriño.
A presidenta da Deputación, a primeira responsable do ente provincial que acude á presentación do festival na súa historia, cualificou a ocasión de “salientable para a provincia” polo estar en Cans e porque, como indicou o director do festival, Alfonso Pato, aposta pola visibilización da muller en todos os eidos: coma realizadoras, coma actrices, organizadoras e, coa proxección do documental ‘Cinema e Muller’ e, no caso deste martes, no apoio institucional a Cans, coa presenza da propia Carmela Silva e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre.
A presidenta da Deputación agradeceu a implicación de Cans co ‘Ano Castelao’, impulsado polo organismo provincial, que posibilitará que o pensador, artista, médico, escritor, debuxante e político estea presente durante todos os eventos que se realicen no festival.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149