Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 04 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
GALICIA

O conselleiro de Sanidade salienta o mantemento da taxa de doazón en Galicia dentro dos niveis recomendados pola OMS

[Img #24660]

 

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, doou sangue onte nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañado pola directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García.


 
O conselleiro de Sanidade lembrou o carácter xeneroso e solidario das e dos cidadáns galegos e cifrou en 111.250 doazóns de sangue as recollidas no pasado 2015, unha cifra practicamente idéntica á rexistrada no 2014 (ano que contabilizou 111.255 doazóns).


 
Non obstante, a cifra de doazóns do ano 2015 supón que Galicia incremente nun punto a súa taxa de doazón, con 41 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, cifra situada dentro das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Vázquez Almuiña explicou que este incremento vén motivado polo descenso no número de cidadáns empadroados en Galicia, xa que a taxa de doazón calcúlase en función do padrón de cada municipio.

 

 

Reforzar o chamamento

O conselleiro de Sanidade quixo poñer de manifesto a excelente evolución dos índices de doazón en Galicia a pesares de factores como o envellecemento sociodemográfico e, neste sentido, salientou a necesidade de revitalizar o chamamento á participación activa da poboación nas campañas de doazón.

 


Lembrou as facilidades existentes para doar, remarcando a existencia de locais de atención permanente ao doador de sangue emprazados nas sete grandes cidades galegas, así como a presenza das dez unidades móbiles do CTG (o enlace http://ctg.sergas.es/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtab&idLista=3&idContido=44&migtab=44 recolle os desprazamentos das unidades móbiles e os horarios dos locais de doazón) e convidou a todos os cidadáns a participar, alo menos, unha vez ao ano nas campañas de doazón de sangue.


 
Doazón de medula ósea
A Consellería de Sanidade lembra, tamén, á cidadanía da nosa Comunidade Autónoma a importancia da doazón de medula ósea. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras teñen a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Deste xeito, neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. Unha vez que se anoten serán chamados para a correspondente entrevista por parte dos profesionais sanitarios.


 
Poden ser doadores de medula ósea as persoas de 18 a 55 anos que non padezan ningunha enfermidade que poida ser transmitida ou por en perigo a súa vida polo feito da doazón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.