MOS
O Multiusos das Pozas acolle unha convivencia entre usuarios de Teleasistencia de Mos, O Porriño e Salceda
O obxectivo é o intercambio de experiencias e a prevención do illamento entre os maiores participantes
![[Img #24715]](upload/img/periodico/img_24715.jpg)
O auditorio do centro Multiusos de Mos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos, acolleu esta tarde a xa clásica Xornada de Convivencia dos Usuarios do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra.
Ó encontro asistiu a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro que deu a benvida ós asistentes e fixo a presentación da actividade, consistente nunha actuación do Mago Noel con espectáculo de maxia, animación e circo seguido dunha merenda amenizada con música e globoflexia.
Na xornada estiveron presentes máis de 30 usuarios de Teleasistencia dos concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas.
Dende o programa de Teleasistencia estanse levando a cabo unha serie de liñas de actuación cos beneficiarios e familiares do programa, atendendo ás distintas comarcas, entre elas xornadas de convivencia coma a que hoxe se celebrou en Mos.
O 2016 é o terceiro ano que se veñen realizando estas actividades e a de hoxe foi a primeira convivencia da comarca do presente ano. “Esta iniciativa pioneira púxose en marcha en xuño de 2014 e, dende entón, estase a realizar en distintos puntos da provincia ofrecéndolles aos usuarios a posibilidade de pasar unha tarde de lecer, con actividades diversas e merenda, co obxectivo de que poidan contactar con outras persoas, intercambiar experiencias, e romper a rutina o illamento e a soidade”, segundo informou a edil Sara Cebreiro.
O Servizo de Teleasistencia presta apoio a unhas 400 persoas soas de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.
Neste sentido explicaba Cebreiro que “cando a soidade se suma aos problemas de saúde e á idade avanzada, resulta moitas veces difícil permanecer no fogar sentíndose seguro. O servizo de Teleasistencia facilita esta permanencia, ao garantirlle ás persoas de idade avanzada ou con problemas de saúde que viven soas unha atención continuada e a seguridade de que, ante calquera eventualidade, recibirán os coidados que precisan”.
Así mesmo a concelleira de Política Social informou tamén de que “trátase na maior parte dos casos de persoas de idade avanzada que viven soas ou que pasan a maior parte do día en soidade, polo que dispoñer dun sistema que lles permite pedir axuda a calquera hora do día os 365 días do ano, con só pulsar un botón, lles dá seguridade e tranquilidade. Todos eles saben que sempre terán alguén a quen acudir ante calquera emerxencia, pero non só iso, senón tamén cando se sintan sós e precisen alguén con quen falar”.
De feito, a loita contra a soidade é un elemento central deste programa, que non só inclúe o desprazamento de recursos (061, bombeiros…) cando o usuario sofre algún accidente ou enfermidade, senón tamén visitas periódicas para paliar os sentimentos de ansiedade ou illamento e unha actividade pioneira –iniciada en 2014- orientada a enriquecer a vida social das persoas atendidas mediante xornadas de convivencia como a de hoxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101