SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda pídelle ao Goberno axudas para ós deportistas internacionais Ainhoa Lameiro e Luis Fernández
Esixen que lles dean aos campións salcedenses o mesmo trato que se lles dá aos demais, con axudas anuais reguladas e non só de maneira puntual.
O voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, presentou un rogo no pleno do Concello no que solicita que se convoque a Comisión Permanente de Deportes para que regule as axudas, convenios ou asignacións directas aos clubes, colectivos deportivos ou deportistas individuais de Salceda de Caselas.
Os populares consideran que, aínda que desde o Concello se está ofrecendo apoio anual a clubes e entidades deportivas do Concello, pese a que compitan a nivel nacional, estanse esquecendo de deportistas do concello que son campións galegos, españois ou compiten en campionatos europeos e mundiais, como é o caso de Ainhoa Lameiro ou Luis Fernández que recibiron axudas puntuais (non todos os anos), pese a que poñen o nome do concello no mundo e que os seus gastos son bastante máis grandes que os de outras entidades que non compiten a tan alto nivel e que non teñen, por exemplo, que desprazarse por todo o territorio nacional.
Santiago Rodríguez Davila sinala que é importante calquera tipo de axuda que se poida ofrecer desde o Concello para o fomento do deporte e o apoio ao mesmo, e así o propuxeron os populares a través de alegacións nos diferentes orzamentos de anos anteriores, considerando especialmente ás escolas deportivas, pero consideran que estes deportitas que participan en outras disciplinas deportivas e compiten a nivel internacional, tentando incluso participar nos próximos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro, como é o caso de Luis Fernández, merecen o mesmo trato que os demais deportistas, e non só na cantidade a percibir senón tamén na periocidade das axudas, é dicir, anualmente, como se lle ofrece ao resto.
Rodríguez Davila recorda que Ainhoa Lameiro, canoísta, foi varias veces campiona galega de C1 e K1, é a campiona de España e actualmente conseguiu clasificarse para o Mundial que se vai celebrar en Cracovia, de feito será a primeira muller canoísta galega que compita nun mundial.
Luis Fernández, pola súa parte, campión galego e español en varias ocasións, vai participar no campeonato de Europa e competirá neste mesmo ano en tres copas do mundo na Categoría Senior, e vai loitar para tentar conseguir praza para os Xogos Olímpicos de Río 2016.
“Son campións indiscutibles dos que temos que estar orgullosos en Salceda de Caselas e aos que temos que axudar coas nosas propostas, achegas e todos os ánimos posibles, por iso non se entende a actitude do Goberno local, que se acorda deles de maneira puntual cando eles tanto lle dan ao deporte e á promoción do noso Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149