MOS
Preto de cincuenta escolares disfrutaron dunha xornada educativa e medioambiental no monte de Pereiras
Alumnos do Colexio de Atín prantaron 30 árbores gracias á colaboración da Comunidade de Montes.
O CEIP de Atín-Cela e a Comunidade de Montes de Pereiras organizaron onteunha xornada de convivencia adicada á prantación de árbores en terreos do monte comunal da parroquia de Pereiras, que contou coa colaboración do Concello de Mos.
En representación da administración local participou nesta iniciativa celebrada ó longo da mañá de hoxe a edil responsable da concellería de Medio Ambiente, Julia Loureiro. Por parte da Comunidade de Montes estiveron presentes o presidente, Carlos Sánchez Bastos, o vogal Ismael Gómez Rivero e un axudante, Diego Ucha Dagraza.
Os 47 alumnos e alumnas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria do Colexio de Atín prantaron un total de 30 árbores, todos castiñeiros. 15 castiñeiros foron doados pola Comunidade de Montes de Pereiras e os outros 15 castiñeiros os prantaran previamente, fai xa cinco meses, en macetas a partir de castañas os propios escolares do centro, como actividade formativa do Magosto incluída no programa do curso escolar. Con esta prantación os cativos participantes puideron comprobar de primeira man cales son as fases do ciclo vital das árbores e que elementos precisan para o seu óptimo desenvolvemento.
Os 47 escolares do CEIP de Atín levaban cinco meses regando e coidando as castañas que peviamente prantaran nunha maceta como parte da programación escolar. Esta é unha iniciativa que no colexio de Cela levan desenvolvendo dende fai xa oito anos, e esta é a cuarta edición que realizan en colaboración coa Comunidade de Montes de Pereiras.
A actividade consistiu nunha mañá de convivencia durante a que os escolares saíron ó monte a realizar a prantación. Cada dous cativos prantaron unha árbore, actividade coa que se pretende fomentar a concienciación medioambiental e o amor e o respecto pola natureza; así coma a educación para a prevención de incendios forestais debidos a malas prácticas nos montes da nosa comunidade autónoma.
Dende a Comunidade de Montes declararon sentirse moi satisfeitos e orgullosos de poder colaborar tanto co Concello de Mos como coa comunidade escolar mosense en actos tan enriquecedores coma este.
O presidente da Comunidade de Montes de Montes de Pereiras explicoulles tamén ós 47 pequenos participantes cales son as funcións dos comuneiros. Pola súa banda, o mestre do Colexio de Atín, Eduardo Alonso, declarou que dende o centro educativo están moi interesados en que os alumnos e alumnas coñezan o contorno do lugar no que estudan e, para elo, ademais de iniciativas coma a realizada hoxe organizarán tamén a saída de fin de curso realizando o sendeiro dos Muíños de Pereiras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213