GALICIA
A Comisión Asesora de Publicidade non sexista da Xunta leva tramitadas unha quincena de denuncias
A comisión ten coma finalidade velar pola eliminación do sexismo nas mensaxes publicitarias que se difunden na nosa comunidade.
![[Img #24760]](upload/img/periodico/img_24760.jpg)
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou esta semana na reunión da Comisión Asesora da Publicidade non sexista, na que se deu conta, entre outros asuntos, das 15 denuncias tramitadas en pouco máis dun ano por anuncios sexistas.
A Comisión depende do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero e ten coma principal finalidade velar pola eliminación do sexismo nas mensaxes publicitarias e pola incorporación de mensaxes positivas que contribúan a erradicar todo tipo de discriminación por razón de xénero.
Por ese motivo, na xuntanza desta mañá tamén se analizou o borrador dunha guía de publicidade non sexista que se presentará o vindeiro mes de setembro e que se difundirá entre todas as persoas profesionais dos ámbitos da publicidade e da comunicación.
A publicidade é unha técnica de comunicación de gran alcance e impacto, que destaca pola súa capacidade para influír na percepción da realidade, xerar necesidades e expectativas, e ofrecer ao público modelos e actitudes que poden exercer unha influencia positiva ou negativa sobre o avance cara a igualdade entre homes e mulleres.
Na publicidade sexista o tratamento que se fai das mulleres e os homes non é equiparable porque, entre outras causas, se difunden imaxes estereotipadas, violencia expresa e/ou subordinación dun sexo sobre outro, e se explota o corpo e a sexualidade como reclamo publicitario, empregando unha linguaxe discriminatoria. Por iso, na reunión de hoxe acordouse intensificar o labor da Comisión para avanzar na concienciación dos medios de comunicación, responsables de plataformas de anuncios, empresas de publicidade, etcétera.
A Comisión está presidida pola subdirectora xeral para o tratamento da violencia de xénero, Belén Liste, e conta coa xefa de servizo de prevención e atención ás vítimas, Begoña Sieiro, como vicepresidenta; e co xefe de servizo de apoio técnico-administrativo de Igualdade, Xesús Río, como secretario.
Ademais, tamén participaron na Comisión, en calidade de vogais, a coordinadora de publicidade da CRTVG, María Lozano; a representante en Santiago do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Natalia Sequeiro, e a representante das axencias de publicidade, María Luisa Undabeitia, de Imaxe Intermedia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149