PROVINCIA
Almuiña destaca as melloras producidas pola apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro "tanxibles dende o primeiro momento"
![[Img #24761]](upload/img/periodico/img_24761.png)
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou esta semana as melloras que se teñen producido na sanidade viguesa tras a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro, “son evidentes dende o punto de vista da planificación, con consecuencias tanxibles internamente dende o primeiro momento”. Neste sentido, en primeiro lugar destacou a eliminación da sectorización da poboación, xa que existían certo número de especialidades duplicadas nos centros do CHUVI e, ademais de xerar inequidades na asistencia, impedían a concentración de efectivos e unha maior especialización.
Na súa intervención no Fórum Europa, tamén fixo referencia á concentración de recursos, posto que o CHUVI constituía un complexo disperso, no que convivían 5 edificios para hospitalización e dous máis enfocados á actividade ambulatoria, o que dificultaba a xestión, a eficacia e a eficiencia dos recursos. A nova configuración está organizada de forma distinta e ten reducido a hospitalización a tres centros, mantendo no anexo do Xeral unha estrutura mixta na que se combinan servizos de atención primaria e hospitalaria. Isto permite que tanto os recursos tecnolóxicos como os humanos estean concentrados, posibilitando o desenvolvemento da superespecialización necesaria para que aquelas patoloxías máis complexas e menos prevalentes teñan profesionais de referencia.
Especialización de edificios
Todo isto deu paso á especialización dos edificios en función da patoloxía a atender, en lugar de polo concello de procedencia. Ademais, explicou o conselleiro, o Hospital Álvaro Cunqueiro conta cun 70% de habitacións individuais, das que unha alta porcentaxe está preparada para ser duplicada, o que constitúe unha garantía para que en situacións de aumento na demanda o hospital dea unha adecuada resposta, como se comprobou xa no seu primeiro inverno en funcionamento.
O investimento en mobiliario, equipamento e tecnoloxía no novo CHUVI tamén produciu un salto de calidade xeralizado, tanto nos elementos das propias habitacións como dende o punto de vista tecnolóxico-asistencial, onde se incorporou novo equipamento electromédico e de alta tecnoloxía. E no campo da docencia e a investigación, o Cunqueiro dispón de 1.800 m2 destinados a a albergar a área de investigación do CHUVI; dunha área de docencia específica e polivalente que permite albergar a actividade docente que se celebre no centro; dun espazo de innovación; e dunha aula de simulación médica avanzada.
Vázquez Almuiña indicou que, ademais destas melloras xerais, nos últimos meses téñense posto en marcha tres unidades funcionais con alto impacto: a de Ictus, a de Ortoxeriatría e a de Sono, que, aínda que xa existía como tal, tense reestruturado e unificado, o cal permite que cobre un novo impulso baseado na interdisciplinariedade. Pola súa banda, a Unidade de Coidados Intermedios Cardiolóxicos ten duplicado a súa capacidade, e está previsto o desenvolvemento de novas unidades, como Psicoxeriatría, Hospitalización Psiquiátrica Infanto-Xuvenil, Pluripatolóxicos e atención a lesionados medulares.
Introdución de novas técnicas e estruturas
Tamén destacou a introdución de novas estruturas na área de Vigo que condicionan a asistencia, como a unificación no Xeral dos dous puntos de atención urxente extrahospitalaria existentes en Vigo, que supuxo unha grande mellora estrutural, e tamén un incremento da capacidade resolutiva, ao estar dotado de radioloxía e analíticas básicas; a Unidade de Traballo de Parto e Recuperación; a dispoñibilidade de heliporto no Cunqueiro; a integración da Unidade de Psiquiatría de agudos nun hospital Xeral; e a mellora das infraestruturas de Atención Primaria, coa posta en funcionamento neste ano de tres novos centros de saúde en Oia, Nigrán-Panxón e Tui.
O Complexo Hospitalario Universitario e, en xeral, toda a área de Vigo, teñen un grande potencial, observou, “que está na man de todos os ámbitos sociais: profesionais, cidadáns, políticos...”
No seu relatorio, o conselleiro lembrou que este ano se conmemora o 25 aniversario do traspaso das competencias sanitarias do INSALUD ao Servizo Galego de Saúde, e fixo unha comparativa entre a situación actual na área sanitaria de Vigo e a de 1991. Así, ademais do aumento de quirófanos e de camas hospitalarias, destacou a dotación de recursos tecnolóxicos. As Unidades de Alta tecnoloxía, dixo, marcaron un fito histórico: en 1996 implantáronse no Hospital do Meixoeiro as Unidades de Cirurxía Cardíaca e de Hemodinámica e Cardioloxía Intervencionista. Ata entón, os pacientes que precisaban dunha operación de corazón ou dun tratamento radioterápico tiñan que ser derivados a outras áreas sanitarias e mesmo fóra de Galicia; agora, anualmente se realizan arredor de 700 intervencións cirúrxicas e máis de 4.000 procedementos de cardioloxía intervencionista.
En conxunto, sinalou, o pasado ano 2015, o CHUVI realizou máis de 40.000 ingresos hospitalarios, preto de 34.000 intervencións cirúrxicas, máis de 753.000 consultas externas e atendeu 175.000 urxencias hospitalarias. En Atención Primaria, onde a dotación tamén se ten incrementado moi significativamente, realizáronse máis de 5,5 millóns de consultas de atención primaria e máis de 440.000 consultas telefónicas, ademais de atender 256.000 urxencias extrahospitalarias nos Puntos de Atención Continuada.
Neste sentido, salientou que Vigo foi a primeira área galega que estendeu a atención urxente extrahospitalaria á totalidade da poboación, que foi tamén pioneira no inicio da descentralización das terapias anticoagulantes orais (Sintrom) e que os vigueses son os galegos que máis utilizan o servizo de consulta telefónica co seu médico de familia.
Estratexia 2020
Doutra banda, o conselleiro indicou que en Galicia, organizativamente, derrubáronse as barreiras que impedían a interrelación permanente e fluída entre niveis asistenciais coa aposta pola xestión integrada, que definiu como “a mellor ferramenta para conseguir a continuidade asistencial, organizar e xestionar os recursos ao redor do paciente, e achegar a atención á cidadanía de forma individualizada, efectiva e eficiente”. Ademais, sinalou que Galicia é neste momento referencia para o resto do Sistema Nacional de Saúde no desenvolvemento das TICs para dar resposta non só ás áreas de diagnóstico e tratamento, senón tamén nas relativas á prevención, á investigación, á planificación e á xestión.
“A gran maioría dos cidadáns queremos ter un sistema sanitario sólido, solvente e seguro. Este é un servizo no que se pode confiar. Soluciona problemas moi importantes en momentos difíciles na vida das persoas. Cremos na sanidade pública, e traballamos para mantela e mellorala”, declarou.
Para o presente e o futuro, afirmou Vázquez Almuiña, a Xunta segue avogando por un modelo innovador, proactivo, participativo, flexible, sustentable e humanizado. Con esta filosofía, presentouse recentemente no Parlamento de Galicia a Estratexia Sergas 2020, no que se establecen orientacións que contribúan a enfrontar os retos identificados na organización e no seu funcionamento. Nela se definen como eixos estratéxicos a atención integral adaptada ás necesidades dos pacientes, familiares e coidadores; profesionais comprometidos e coidados pola organización; a xestión eficiente que contribúa á sustentabilidade do sistema sanitario; e a adecuación das infraestruturas, os equipamentos sanitarios e os sistemas de información ás necesidades dos cidadáns. Todos eles basculan ao redor dun obxectivo principal: mellorar a saúde da cidadanía.
“Trátase, en calquera caso, de ofrecerlle a todos os galegos, auténticos donos do sistema sanitario público, un servizo sanitario cada vez máis adaptado ás súas necesidades, coas tecnoloxías máis avanzadas e, ao mesmo, tempo coa mellor utilización dos recursos”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119