TUI
Infraestruturas pubica o inicio da información pública do enlace de Areas
Trátase do paso inicial do trámite expropiatorio e previo á licitación, este mesmo mes, do proxecto construtivo dese treito prioritario.
![[Img #24762]](upload/img/periodico/img_24762.jpg)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou a semana pasada que a publicación no Diario Oficial de Galicia do inicio da fase de información pública do trazado do enlace de Areas, en Tui, ratifica a determinación do Goberno gallego de avanzar na excepción da Vía de Altas Prestacións do Baixo Miño.
A responsable de infraestruturas do Goberno galego mantivo unha reunión con representantes da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui para abordar, fundamentalmente, os recentes avances na Vía de Altas Prestacións do Baixo Miño. Ethel Vázquez, que estivo acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, se trata do primero paso do trámite expropiatorio esta obra e previo á licitación, este mesmo mes, do proxecto constructivo dese enlace.
Vázquez lembrou que “os investimentos se teñen que facer de xeito responsable, comezando polos treitos que reportan maior rendibilidade social, posto que o doado é pintar estradas sobre o plano e o realmente difícil e tornar eses debuxos en realidades”.
Neste punto confluen a conexión coa Guarda; a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño, ademais de conectar o polígono empresarial
Así, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou que “tras unha fonda análise técnica, funcional e social, temos detectado que o enlace de Areas é o punto máis urxente, xa que neste punto conflúen a futura VAP á Guarda; a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño, ademais de conectar un polígono empresarial que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais”.
Nesta zona acadouse un trazado que permite movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas, unha solución dun custe de en torno a 12 M€ e necesaria para solucionar os tráficos nun punto de enorme relevancia.
A responsable de Infraestruturas da Xunta subliñou que “dixémoslle a os empresarios que a Xunta traballa en serio para atender as necesidades de infraestruturas do Baixo Miño, posto que a responsabilidade e o rigor na execución orzamentaria non mudan un ápice a nosa determinación e que traballamos en serio para executar a Vía de Altas Prestacións entre Tui e A Guarda, con responsabilidade”.
Así mesmo, Ethel Vázquez referiuse as obras no treito de Tui, “que se retomarán coa execución do enlace de Areas e os movementos de terras realizados ata o de agora son necesarios para a construción deste enlace e, ao seu remate por iso, o seguinte paso será a construción dese nó de cara á mellorar a mobilidade e a seguridade viaria nesa zona”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149