Mos
Troitiño e Giráldez quéixase por non poder asistir a unha reunión entre a Alcaldesa e a Asociación de Veciños de Petelos
![[Img #24763]](upload/img/periodico/img_24763.jpg)
Os Concelleiros de GañaMos Francisco Vázquez Troitiño e Aurora Giráldez Leirós emitiron hoxe un comunicado queixándose ante a negativa da rexedora local á participación dos dous corporativos nunha reunión prevista coa Directiva da Asociación de Veciños de Petelos.
Troitiño e Giráldez aseguran que o debate político e a representatividade da Asociación de Veciños de Petelos son aspectos “totalmente diferentes” e que eles “nas expresións políticas” nunca actuaran como directivos da Asociación “se non como membros de GañaMos”; e no marco da súa actividade política.
Finalmente a reunión celebrouse igualmente o pasado dous de maio tras retirarse os concelleiros de GañaMos da mesma “para non perxudicar aos veciños” e esta puidose celebrarse sen eles presentes tal e como sucedeu. Aseguran que “a Alcaldesa reafirmouse na súa postura anunciando que non recibiría no futuro a esta Directiva se estaban presentes os concelleiros”.
Os concelleiros consideran “que esta forma de actuación é totalmente partidaria e sectaria xa que identifica a representatividade que ccomo Alcaldesa ten de todos os mosenses”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213