Provincia
Santos Héctor Rodríguez mostra a súa "perplexidade" polas acusacións de Nidia Arévalo
O portavoz de Grupo Provincial Socialista na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez, amosou a súa sorpresa e estupefacción ante o “descaro sen parangón da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que sen rubor algún atreveuse a responsabilizar ao Goberno da Nova Deputación do accidente de tráfico rexistrado nas últimas horas no seu municipio supostamente pola ausencia de pintura no paso de peóns onde aconteceu o sinistro”
Santos Héctor Rodríguez expresou a súa incredulidade ante a grave acusación de Arévalo. “Non dou crédito ante a caradura da alcaldesa de Mos, que ademais é deputada e portavoz do PP na institución provincial, e sen rubor de ningún tipo tenta esconder que o seu partido levaba 35 anos gobernando na Deputación e que deixou as infraestruturas provinciais nun estado de total abandono”. O portavoz do grupo socialista sinalou que “cando o novo goberno tomou posesión, hai só 9 meses, atopouse a rede viaria provincial nunha situación de absoluto desastre. Por iso puxemos en marcha un ambicioso Plan de mantemento que é o Plan Móvese e que ten como obxectivo prestar o servizo aos cidadáns que o PP deixou en estado de desastre porque as súas prioridades estaban onde sempre: a política caciquil e a desigualdade entre concellos dependendo da súa cor política”
Rodríguez expresou o seu malestar “porque é inconcibible que se chegue a utilizar un accidente de tráfico e que se utilice a dor dunha familia polas lesións sufridas. Ata agora só usaban o ruído para tentar desgastar ao novo goberno pero isto é ir máis aló. A actitude da Señora Arévalo é impresentable cando todo o mundo sabe que foi a man dereita do ex Presidente Rafael Louzán, desde asesora a deputada, e que se alguén é responsable da lamentable situación da rede viaria son eles, os anteriores dirixentes da Deputación. Xa basta. É evidente que non asumen que perderon o goberno porque os cidadáns déronse conta dos seus manexos e eles non terminan de asumilo. Parece claro que a Nova Deputación de Pontevedra está a facelo francamente ben. Só así se pode entender a ruindade dos argumentos do PP aos que parece que xa lles vale todo” engadiu

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213