Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 08 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Catro persoas resultaron feridas a causa dunha colisión frontal en Vigo

Dous turismos colidiron frontalmente esta mañá na PO-552, nas Roteas, en Vigo. O impacto provocou lesións a catro persoas, que, non obstante, foron trasladadas conscientes ao hospital de referencia. Ademais, os bombeiros da cidade tiveron que liberar ao ocupante dun dos vehículos implicados, que quedou atrapado tras o golpe.

 

Pasadas as 10:30 horas de hoxe, un particular pediu axuda ao persoal do 112 Galicia. A partir de aí, os xestores organizaron un operativo no que, á parte dos efectivos do parque municipal de bombeiros, participaron os técnicos de Urxencias Médicas, os axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil. Tamén foi informado un equipo da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para restablecer a seguridade na vía.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.