Galicia
Os Sindicatos denuncian o perigo que representa para á Saúde Pública a Legionella
Culpan á Xunta de Galicia da “falta de Farmacéuticos Inspectores suficientes”
![[Img #24768]](upload/img/periodico/img_24768.jpg)
A nosa comunidade é, segundo os datos do Centro Nacional de Epidemioloxía do Instituto Carlos III unha das principais afectadas por legionella dentro de España, sendo, no ano 2014, a terceira con maior taxa de ataque (2,96 cada 100.000 casos tras Cataluña e Cantabria) e presentando (igualada con Cataluña), o maior número de brotes do conxunto das comunidades autónomas. Non se debe esquecer que na nosa comunidade presentáronse casos de brotes cun importante número de afectados como o do ano 2000 en Vigo, cunha trintena de afectados e catro mortos, ou como o do ano 2014 en varias residencias de anciáns da provincia de Lugo.
O corpo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública, composto por 62 persoas dependentes da Consellería de Sanidade, é o encargado actualmente de inspeccionar as instalacións capaces de propagar a legionella. Esta difúndese por medio de sistemas que traballan con auga (principalmente quente, pero tamén fría) como torres de refrixeración, condensadores evaporativos, sistemas de auga quente domésticos e de establecementos públicos, spas e jacuzzis, sistemas de humectación e climatización, lavados de coches, fontes,...
En Galicia contamos actualmente con 3.339 residencias turísticas (hoteis, pensións, cámpings,……) que inflúen fortemente no turismo e na nosa economía, a estes hai que sumar 1.644 centros educativos (colexios, institutos,….., e un crecente número de pavillóns e campos deportivos, ximnasios, spas, talasos, balnearios, residencias de anciáns, centros de día, hospitais, sanatorios, etc….. Todo sistema que utilice auga pulverizada no seu funcionamento pode propagar a legionella, producindo a enfermidade.
Todos estes establecementos súmanse a unha carga de traballo cada vez maior, composta de 338 establecementos biocidas, 497 zonas de baño con 517 puntos de móstreo, piscinas de uso público, tanatorios e velorios, centros de tatuaxe, inspeccións relacionadas co tabaco.....
“A simple comparación do número de inspectores e de establecementos a controlar evidencia o crecente abandono ao que está sometida a Saúde Pública polos responsables da Consellería de Sanidade. co risco que iso supón para a saúde de todos os Galegos e galegas” denuncian os sindicatos..
“O corpo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública non conta cunha estrutura organizativa adecuada, nin cos medios humanos e materiais suficientes para desenvolver o seu traballo. Así, cando se reestruturou o corpo no ano 2006, o colectivo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública contaba con 100 prazas, pero a día de hoxe, 10 anos despois, unicamente están cubertas 62. Para paliar esta grave falta de persoal, a Xunta opta por ir diminuíndo máis e máis a frecuencia e a cantidade de inspeccións, o que supón que o risco medre ano tras ano, sen que a poboación chegue a decatarse, o que con leva que non haxa ningunha consecuencia para os responsables” sinalan.
Den de as organizacións sindicais aseguran que todo iso “evidencia a situación de abandono na que está sumida a saúde da poboación galega, sen que a Xunta de Galicia poña os medios necesarios para remedialo, pese ás innumerables advertencias do propio colectivo e das organizacións sindicais”.
Porén CIG, CCOO, CSIF e UGT, esixen que, os responsables da Consellería de Sanidade “dean a cara e informen a cidadanía do perigo real da legionella, así como da situación de risco na que se atopan, por falta de Farmacéuticos Inspectores suficientes, para atender a actual carga de traballo que coa chegada do bo tempo se incrementa aínda mais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149