MOS
A alcaldesa de Mos esixe respecto e pide que os políticos locais non perxudiquen ás asociacións
Lembra que "o propio Troitiño reclamaba que dous corporativos municipais abandonasen a ANPA de Pena de Francia cando el formaba parte da mesma".
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, respostou onte ós representantes do grupo municipal GañaMos, Francisco Vázquez Troitiño e Aurora Giráldez Leirós, respecto da nota de prensa publicada sobre a reunión coa Asociación de Veciños de Petelos.
O primeiro que aclarou a rexedora local mosense é que "por suposto que sabe o lugar que ocupa e por iso ten o máximo respecto polos cidadáns de Mos". “Pero cando dous cidadáns que ademais son concelleiros da Corporación Municipal me insultan, teño o dereito de decidir se quero sentarme a falar con eles ou non, xa que considero que o peor en política son o insulto e a falla de respecto; algo que tamén consideran e comprenden dende a Asociación de Veciños, xa que decidiron ‘motu propio’ manter a reunión sen a presencia destas dúas persoas”, declarou Arévalo, quen aclarou que foi a propia agrupación veciñal a que tomou a decisión.
A alcaldesa insistiu en que “se eles non saben facer política dende o respecto eu estou en todo o meu dereito de non sentarme con quen me falta ó respecto, porque o máis importante é o respecto entre as persoas, como considero que eu sempre demostrei reuníndome con persoas e colectivos de todas as ideoloxías con actidude dialogante e baseada no respecto mútuo; algo que nin estes señores comprenden, nin comparten, nin practican, por desgracia”, lamentou.
Así mesmo Nidia Arévalo convidou a que as persoas que ocupan cargos políticos abandoen os seus postos nas asociacións, porque o único que fan é perxudicalas. E lembrou que o propio Troitiño pedía cando formaba parte da ANPA do Colexio de Pena de Francia que a abandonasen dous pais que eran edís municipais, un do PP e outro do PSOE, e sen embargo agora opta pola opción de esquecer as súas ideas anteriores en lugar de aplicarse a sí mesmo, na práctica, a súa propia teoría.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121