SALVATERRA DE MIÑO
Inicio do Curso "Coñece ou Teu Móbil" que imparte o Concello de Salvaterra de Miño
![[Img #24790]](upload/img/periodico/img_24790.jpg)
Hoxe en día o uso do teléfono móbil é algo case indispensable e que entrou nas nosas vidas para quedarse. Ao principio era unha simple ferramenta que servía para chamar, pero co paso do tempo e a implantación de novas aplicacións hoxe en día é case como ter un mini ordenador no peto.
Isto é algo bo, porque nos dá un montón de posibilidades novas, unha nova forma de comunicación, pero tamén fai que para algunhas persoas sexa cada día máis difícil poder manexar un móbil. Por ese motivo o Concello de Salvaterra organizou o Curso "Coñece ou Teu Móbil", que está dirixido a todas aquelas persoas que teñen problemas ou non entenden o manexo desta ferramenta.
Seis clases, de hora e media, onde verán o uso básico do móbil, o manexo da pantalla táctil, o bloqueo e desbloqueo da pantalla, o arranque eapagado do móbil. O menú e as aplicacións, a axenda de contactos, o calendario, a alarma e o SMS. O uso da cámara de fotos, a captura de videos, arquivar fotos e o retoque de imaxes. Unha vez que os temas básicos están asimilados verase o uso das redes sociais como o What´s up e o facebook, así como as chamadas de emerxencia e a solicitude de cita para o médico ou outras utilizacións que nos sirvan para o día a día.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217