Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Controlado o incendio na nave industrial de Moaña

[Img #24794]

 

Os efectivos de emerxencias conseguiron controlar a última hora de onte o lume que se orixinou nunha nave industrial no Concello pontevedrés de Moaña, e continuarán ao longo da noite traballando para a súa completa extinción e para controlar a fuga de amoníaco que parece ser que se produciu nos tanques que o almacenaban.

 

O 112 tivo constancia do incendio, que tivo lugar no lugar de Verdeal, na parroquia de Domaio, cara as 18 horas de onte. Ante a posibilidade de que se producise algunha fuga dalgún material químico cos que se traballaba na nave activouse o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1. Do mesmo xeito, tamén se activou o Plan de Contaminación Mariña de Galicia (Camgal) en fase de alerta.

 

Entre outras medidas, solicitouse á poboación que adopte as medidas de autoproteción pertinentes neste tipo de casos, como permanecer nas súas vivendas e pechar portas e fiestras. O confinamento estableceuse en dous quilómetros arredor do incendio ao  longo da noite e 800 metros xa polo día. Ademais, e por prevención, decidiuse suspender as clases ao longo da xornada de hoxe martes nun centro escolar próximo, o CEIP Domaio.

 

Dende que se produciu o incidente, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizou de inmediato aos bombeiros de Morrazo, de Vigo, do Baixo Miño e do Salnés-Ribadumia, que enviaron dotacións ao lugar e que traballaron nas labores de control e de extinción, especialmente para evitar que o lume se propagase ao resto das instalacións. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local, de Protección Civil e da Garda Civil e o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que chegou á zona antes da medianoite.

 

O lume provocou unha intensa fumareda que derivou en problemas de visibilidade en vías próximas como a Autoestrada AP-9, a estrada comarcal e a Autovía do Morrazo, sendo necesarios cortes puntuais nalgunhas delas. Levouse a cabo dende o primeiro momento a evacuación dos traballadores da nave e posteriormente se advertiu aos veciños da zona que tomasen as medidas de autoproteción precisas, como que permanezan nas súas casas e pechen portas e fiestras, dada a proximidade da nube de fume ás súas vivendas.

 

Ata o lugar tamén se desprazaron onte a conselleira do Mar, Rosa Quintana, o director xeral de Emerxencias, Luis Menor, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. No marco do Camgal enviouse ademais á zona o buque Irmáns García Nodal, e ata alí tamén acudiu un equipo do plan de control de verquidos de Augas de Galicia e técnicos de Calidade Ambiental para facer medicións da calidade do aire e das augas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.