Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
DURANTE O DÍA DE HOXE

Suspendida a actividade escolar nun ratio de 800 metros a causa do incendio de Fandicosta

Foi debido á fuga de amoníaco producida

[Img #24796]

 

O incendio declarado de onte na nave industrial de Moaña obrigou a suspender a actividade escolar nun radio duns 800 metros debido á fuga de amoníaco producida, así como, recomendóuselle aos veciños que confinaran nos seus domicilios durante o día de hoxe.

 

Debido aos materiais químicos cos que se traballaba na nave, foi preciso activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1, así como, tamén en fase de alerta o Plan de Contaminación Mariña de Galicia (Camgal) para evitar calquera episodio contaminante. Así mesmo, permanece despregado no Porto de Domaio, a Unidade  do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias, dende onde se coordina todo o operativo.

 

O lume provocou problemas de visibilidade e obrigou a interromper o tráfico na AP-9 e na PO-551 que, a esta hora, xa está totalmente restablecido. Pese a que, a situación está controlada os servizos de emerxencia continúan no lugar ata dar por finalizada a súa extinción. O CAE 112 Galicia nada mais ter constancia do suceso sobre as 18:00 horas da tarde de onte, púxo en marcha o operativo no que participaron distintas dotacións de Bombeiros do Morrazo, Salnés, Vigo,  Baixo Miño, efectivos de Protección  Civil de Moaña, de Cangas, Vilaboa, Caldas de Reis, Forzas da Orde, Medio Ambiente, Servizo de Gardacostas de Galicia, Autoridade Portuaria, Urxencias Médicas e o Servizo de Autoestradas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.