NIGRÁN
NIGRÁN DECIDE pídelle ao alcalde "seriedade" en relación ao proceso de deseño da futura biblioteca
A proposta do alcalde, que basicamente é a de NIGRAN DECIDE, non cabe cunha simple ampliación da actual biblioteca.
Dende a formación independiente aseguran que "celebramos o anuncio de que se vai construír en Nigrán unha biblioteca que recolle, basicamente, a proposta que NIGRÁN DECIDE presentou aos grupos municipais en marzo deste ano, coincidindo exactamente, nalgúns aspectos, como a necesidade de que teña 150 postos de lectura".
Non obstante, pídelle "seriedade ao alcalde en relación ao deseño da futura biblioteca, pois a súa política sobre este tema consiste apenas en sacarse fotos con directivos dunha universidade privada, unha opción ben discutible, para facer anuncios faltos de coherencia e de rigor".
Para José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, "hai que ter coherencia entre o que se anuncia e o que se fai, e non se pode anunciar unha biblioteca que, basicamente, conta cos servizos incluídos na proposta de NIGRÁN DECIDE, nun lugar onde non hai o espazo necesario".
"Cómpre destacar que a finca na que se atopa a biblioteca actual, segundo os datos do catastro, ten 1.173 m2 e, actualmente, está clasificada a zona como de ordenanza 11. Sempre que se modificasen as normas" explica "para que desaparecese a zona verde prevista alí, poderíase ampliar até unha superficie total de 586 m2. Nesa superficie non se podería construír unha biblioteca como a que anunciou o Alcalde, que tivese como mínimo 150 postos que ocuparían 450 m2 aproximadamente e quedando 136 m2, no mellor dos casos, para os espazos como 'sala de estudo, de reunións ou de audiovisuais', e o fondo bibliográfico da sala de lecturas, así como escaleiras, cuartos de baño e lugares para o persoal".
NIGRÁN DECIDE propón "que se constrúa en varias fases, segundo as dispoñibilidades de financiamento, pero que non quede limitado o seu futuro crecemento por cuestións urbanísticas".
"Somos conscientes de que a construción desta ambiciosa proposta vai estar limitada, principalmente, por cuestións de financiamento, pero baixo ningún concepto pode quedar limitada por criterios urbanísticos" aseguran.
Por último NIGRÁN DECIDE propón que a nova biblioteca de Nigrán sexa "construída nun lugar con proximidade de transporte público, en varias fases, segundo se vaian solucionando os problemas para o seu financiamento, pero nunha parcela na que o seu crecemento non quede limitado por criterios urbanísticos a medio ou longo prazo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184