PROVINCIA
López-Chaves pide ao Concello de Vigo que se incorpore xa ao Transporte Metropolitano e que "deixe de buscar escusas"
A Xunta manterá mañá un novo encontro con representantes municipais para tratar este asunto a petición do goberno local.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, amosou onte a súa preocupación polo retraso na incorporación do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e urxiu ao seu rexedor a que se incorpore xa ao mesmo e que deixe de buscar escusas para retrasar o proceso.
Coma lembrou, o pasado 22 de febreiro, os 14 alcaldes da área e a Xunta rubricaron un acordo no que se fixaba a “folla de ruta” para a aprobación da modificación da Lei da Área Metropolitana. E un deses requisitos era a incorporación de Vigo ao Transporte. “Houbo un compromiso firmado polos 14 concellos e a Xunta”, enfatizou López-Chaves, quen engadiu que “todos os concellos cumpriron os seus compromisos, o que se firmou hai case 3 meses” e quedando pendente a adhesión da cidade olívica ao Transporte Metropolitano.
O delegado da Xunta amosa a súa “preocupación” pola falta de incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano coma así comprometeu o alcalde Abel Caballero hai xa case 3 meses e despois das declaracións feitas en “innumerables ocasións”
Con todo, agora o Concello de Vigo solicitou unha nova reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade que terá lugar mañá mércores para tratar este asunto. Dende a Xunta non se entende moi ben esta nova petición posto que o goberno local conta dende hai máis dunha semana co convenio de adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que debe ser aprobado pola xunta de goberno local. “Pide unha nova reunión despois de anunciar a semana pasada que Vigo se incorporaba”, valorou o delegado. Este feito preocupa a López-Chaves, que espera que esta reunión “non sexa unha escusa para retrasar ou dilatar a tramitación da Lei”.
O acordo firmado o pasado 22 de febreiro deixaba claras as condicións para levar o texto da Lei ao Parlamento. Pasaban pola presentación e aprobación nos plenos municipais ou órgano municipal competente do texto modificado; a incorporación de Vigo ao PTM sen que esta incorporación signifique ningún incremento na aportación prevista no mesmo, para a Xunta de Galicia ou para os outros concellos, nin limitación algunha ao número de persoas usuarias. E por último, estipulaba que unha vez cumprimentadas as citadas condicións iniciarase o procedemento de modificación do devandito texto legal para a súa aprobación en Consello da Xunta e posterior remisión ao Parlamento de Galicia. “Estamos a esperar a incorporación de Vigo ao Transporte Metropolitano todos os concellos, a Xunta de Galicia e todos os vigueses e viguesas”, resolveu o delegado.
En definitiva, López-Chaves insistiu na falta de cumprimento do compromiso acadado por Vigo esperando que “dunha vez por todas Caballero se incorpore ao Transporte como declarou en innumerables ocasións”. “Vigo non cumpriu o firmado e nestes momentos aínda non se incorporou. Esperemos que non busque escusas para dilatar a súa incorporación e polo tanto a tramitación da modificación da Lei da Área Metropolitana”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115