NIGRÁN
A 'Festa da Bicicleta' volve a unir aos tres concellos do Val Miñor o 17 de maio
Os participantes de Nigrán, Baiona e Gondomar confluirán na Ramallosa ás 11,30 horas para pedalear xuntos ata o pavillón de Panxón.
Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos o 17 de maio, na XXVIII Edición da 'Festa da Bicicleta' cuxa organización recae este ano en Nigrán. O xa tradicional evento, coordinado dende as respectivas concellerías de Deportes e policías locais, conta nesta ocasión con Nigrán como municipio anfitrión. Así, tódolos participantes confluirán na Ramallosa ás 11:30 horas para ir xuntos ata o pavillón de Panxón.
A festa está organizada e deseñada para todas aquelas persoas maiores de 7 anos que sexan capaces de chegar ao ritmo do pelotón desde os seus diferentes puntos de saída ata Ramallosa e voltar. É obrigatorio o uso de casco e as inscricións e recollida de dorsais farase 30 minutos antes de dar comezo a actividade en cada punto de saída. O número de dorsal dará dereito a participar no sorteo de agasallos.
Nesta ocasión os ciclistas de Nigrán serán os máis madrugadores, xa que partirán ás 10.00 horas dende o pavillón de Panxón cara a Gondomar para recoller ás 10,45 horas aos participantes desde municipio, que agardarán a súa chegada na casa do Concello. A esa mesma hora (10:45 horas) sairán dende o Parque da Palma os ciclistas de Baiona. Todos xuntos se atoparán na Ramallosa ás 11.30 horas para pedalear ata o pavillón de Panxón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184