Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 13 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Pereiras acolle unha nova edición da Golfmanía

Trátase da xa clásica concentración de coches Volkswagen Golf.

[Img #24831]

 

O día 17 de maio todos os amantes do mítico modelo automobilístico Volkswagen Golf teñén unha cita co encontro anual Golfmanía que se celebra na parroquia mosense de Pereiras.


Os participantes concentraranse entre as 9.30 horas e as 10.30 horas da mañá en Pereiras, onde se repartirán os dorsais identificativos para, a continuación, poder proceder ó inicio da ruta en dirección ás localidades de O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño –aquí con parada no parque de A Canuda- e Crecente, onde terá lugar unha comida de confraternización no restaurante ‘Palancas’. Para participar no xantar hai que solicitalo previamente no momento da inscrición e aboar a contía de 15 euros.


Xa pola tarde ás 17.00 horas, e tras a sobremesa, sairase do restaurante con rumbo á Cañiza pola antiga estrada a Ponteareas para logo regresar polo Porriño ata Mos, pero nesta ocasión a Herville, parroquia de Cela, xa que no seu fermoso Miradoiro do Castro de Herville terá lugar o peche desta nova edición da Golfmanía de Pereiras.

 

Para máis información os interesados poden chamar o teléfono 617370715.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.