Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 12 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Esquerda Unida propón unhas retribucións "máis xustas" para o inspector de policía

[Img #24857]

 

ESQUERDA UNIDA de Ponteareas, a través do seu concelleiro Lino Costas, fixo onte unha proposta que contempla unhas retribucións máis xustas para o novo inspector de policía da localidade.

 

Esta proposta ten en conta as retribucións -mediante os niveis de complementos de destino e complementos específicos- dos policías e oficiais de Ponteareas e dos inspectores doutros concellos da contorna.

 

"E é que, se facemos unha comparativa entre estes datos mencionados e a proposta da Xunta de Goberno do concello de Ponteareas, atopámonos cunhas diferenzas desproporcionadas, xa que por exemplo, o inspector levaría un gasto anual para o concello de case 20.000€ máis que un policía" explican.

 

A proposta de ESQUERDA UNIDA, contempla "rebaixar este gasto nun 12%, quedando as retribucións salariais do inspector en case 2.500€ ao mes ou 29.016€ ao ano, que xa son 2.000€ máis que un oficial".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.