MUNDO EMPRESA
Conde amosa súa satisfacción ante os 500 millóns de euros anuais captados co modelo K9
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro co director da fábrica de PSA Peugeot-Citroën, Yann Martín, que lle informou dos avances nas adxudicacións.
O titular de Economía, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo unha xuntanza na cidade olívica co director da fábrica de PSA Peugeot-Citroën, Yann Martín, quen lle trasladou un primeiro balance das adxudicacións de compoñentes do K9 a provedores Tier1 e o estado dos plans de futuro da factoría para continuar medrando e xerando emprego en Galicia. Conde amosou a súa satisfacción polos 500 millóns de euros captados pola industria de compoñentes da automoción no modelo K9.
Salientou que os datos trasladados por PSA indican un incremento do 6,3% sobre o anterior modelo
O titular de Economía salientou que a industria de compoñentes de Galicia está a cumprir e a dar resposta ás necesidades do grupo PSA destacando que, segundo os datos trasladados por PSA, o volume de negocio a provedores será de 5.000 millóns nos próximos dez anos e suporá un incremento do 6,3% sobre o anterior modelo. O titular de Economía apuntou que esta cifra é “moi importante nun contexto de altísima competencia” e, así, indicou que Galicia mantén o seu posicionamento respecto ás industrias de compoñentes de Portugal e Marrocos. Neste senso, engadiu que esta industria ten permitido acadar incluso novas pezas que tradicionalmente non se fabrican en Galicia.
Con respecto ao novo modelo polo que está a competir Vigo, destacou a gran oportunidade que supón para consolidar o posicionamento de Balaídos, medrar en carga de traballo e, polo tanto, impulsar o crecemento e a competitividade da industria de compoñentes que ten creado no último ano 1.000 novos postos de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149