Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Expertos participan nunha cata do Pan do Porriño

Avanzas así o proceso de definición do Regulamento dun dos elementos de maior identidade da vila

[Img #24865]

 

Catorce expertos, representantes de empresas e persoas vinculadas ao mundo do pan, participaron hoxe nunha cata de Pan do Porriño organizada por ACIPOR e aportado polas 7 panaderías que participan no proceso do Regulamento do Pan do Porriño. Esta cata a cegas, tivo como obxectivo definir catro aspectos principais do pan, os aspectos visuais, olfativos, texturas e o sabor. Estes datos servirán para axudar a definir a identidade do Pan do Porriño que logo se plasmará no Regulamento do Certificado do Pan do Porriño. Durante máis dunha hora, os participantes na cata puideron valorar nun cuestionario aspectos como o o alveolado, o aroma, a textura a tonalidade ou a propia forma do pan.

 

[Img #24866]Ademáis dos Mestres panadeiros das panaderías Amaquía, Chinchina, Argibay, Progreso, Troca, Torneiros e La Estrella, participaron Lucía González Vaqueiro (directora adxunta Comercial de Harinas e Sémolas do Noreste, HASENOSA), Jose Antonio González (do bar Paso a Nivel), Marta Rodal (da Escola de Cociña XogodaOla), e as porriñesas Felisa Quintas Pérez, Maria del Carmen Escudero, Juana Pérez (Presidenta de ACIPOR) e Jose Carlos Pazo. Por parte do Concello participou tamén a Concelleira  de Benestar Social, Formación e Emprego, Maria Soledad Girón, que destacou o compromiso do Concello co apoio ao proceso de impulso do Pan do Porriño.

 

Soledad Girón destacou a importancia do Pan do Porriño como un dos elementos de maior identidade do Porriño. A concelleira destacou que “O Pan do Porriño ten non só un sabor fantástico senon que está chamado a ser un producto de referencia en Galicia. Niso estamos comprometidos.”

 

Os mestres panedeiros destacaron o bó ambiente e a ilusión por este proceso de definición e promoción do Pan do Porriño. Un impulso a este producto que se materializará na Iª Festa do Pan do Porriño que se celebrará o vindeiro sábado 4 de Xuño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.