O PORRIÑO
O actor Enrique San Francisco colocará a súa estrela no Torreiro de Cans
O director Dani de la Torre e a produtora Emma Lustres serán os protagonistas do Coloquio na Leira do día grande do Festival.
Enrique San Francisco, actor que prestou a súa voz para un dos personaxes principais de Psiconautas -o filme de estrea da XIII edición do festival- presentará o próximo xoves 19 a longametraxe no Circulo Recreativo e Cultural do Porriño. Ademais, San Francisco, estará presente na procesión de chimpíns que sairá o mesmo día dende a Praza do Concello e colocará o venres 20 ás 13h30 a súa estrela no Torreiro de Cans, tal e como xa fixeran no seu momento profesionais do sector como Luís Tosar, Javier Gutiérrez, Isabel Coixet ou José Luis Cuerda.
San Francisco (Madrid, 1955) é unha das caras máis coñecidas do cinema español. Fillo de actores, debutou no teatro con tan só dous anos, na gran pantalla con seis e, posterioremente, con dez na televisión. A súa carreira é de fondo, estando avaliado por unha extensa traxectoria: traballou cos grandes directores españois, dende José Luis Cuerda a Adolfo Aristarain, Luis García Berlanga, Imanol Uribe, Manuel Gutiérrez Aragón ou Álex de la Iglesia. O madrileño xa fora no 2008 o protagonista de La crisis carnívora, película de animación dirixida por Pedro Rivero -codirector, xunto con Alberto Vázquez, de Psiconautas-.
En Psiconautas, San Francisco pon voz a unha historia de animación para adultos na que os protagonistas intentan escapar do asfixiante ambiente da illa na que viven, un lugar que perdeu todo o seu esplendor a causa dun terrible accidente industrial. O número de recoñecementos que obtén o filme vai cada día en aumento: tras obter un premio “Lurra” do Festival de San Sebastián, a pasada semana recibiu un galardón no Festival de Animación de Stuttgart e, o próximo mes de xuño, estará presente no prestixioso Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy.
![[Img #24872]](upload/img/periodico/img_24872.png)
Coloquio de Dani de la Torre e Emma Lustres na Leira de Alicia
O filme que tamén leva unha carreira imparable de recoñecementos e galardóns é El Desconocido, de Dani de la Torre, que será protagonista xunto coa produtora Emma Lustres do noso Coloquio na Leira da mañá do sábado 21. Esta será unha das poucas ocasións que teremos de afrontar unha mesma produción dende dúas perspectivas totalmente diferentes e complementarias.
O cineasta monfortino atópase actualmente traballando no guión da súa seguinte película, que de novo producirá Lustres. Ambos teñen moito que dicir para explicar como se pode facer dende Galicia cine de acción que logre o recoñecemento de público e crítica.
![[Img #24874]](upload/img/periodico/img_24874.jpg)
Venda física de entradas en Cans
Tras esgotar as entradas dispoñibles online, o Festival de Cans venderá mañá, venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas 100 entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. O prezo será de 12€ por entrada, tanto na sesión de mañá como na de tarde.
Ademais, tamén estarán dispoñibles para todo aquel que o desexe, as entradas -con un máximo de tres por persoa- para a proxección de Cadencia+Falar, o espectáculo que Janet Novás e Mercedes Peón ofrecerán no novo e espectacular espazo do Jaliñerio Arena o sábado 21 ás 20h30 (5€/entrada, 80 entradas dispoñibles). Os interesados e interesadas en facerse coas entradas para parte da programación adicada aos máis pequenos e pequenas da casa o sábado 21 tamén terán a súa oportunidade: venderanse 100 entradas para o espectáculo de didáctica clásica do Trío Acivro no Cuberto de Pato (3€) e outras tantas para a función de teatro de sombras de Alecrín Monicreques no Baixo de Carlos (3€). No caso de estar aínda dispoñibles, poderán mercarse tamén na porta de cada espectáculo a partir de 1 hora antes do seu comezo.
Agás a sección oficial de curtametraxes a concurso e estes tres espectáculos concretos, toda a programación do festival é de balde, como sucede co concerto que Iván Ferreiro ofrecerá na tarde do venres 20 inaugurando o noso novo Espazo Mahou. Neste caso particular, os asistentes deberán recoller previamente no posto de merchandising do festival unha pulseira que dará acceso libre ao recinto para poder gozar do que se perfila como un dos concertos máis esperados polo público nesta edición do festival.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149