Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 12 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos e MicroBank subscriben un convenio de colaboración para incentivar a actividade emprendedora

O convenio asinado entre o Concello de Mos e MicroBank facilitará o acceso ao financiamento de emprendedores para contribuír á posta en marcha de novos negocios, co obxectivo de potenciar a creación de emprego.

[Img #24884]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia María Arévalo, e o director da área de Negocio de CaixaBank en Pontevedra Sur, Gonzalo Talegón, asinaron un convenio de colaboración para facilitar o financiamento de proxectos empresariais a través de microcréditos.  No acto de sinatura estiveron tamén presentes o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, e o director da oficina de La Caixa en Puxeiros-Mos, Francisco Javier Amoedo.


Coa firma deste acordo establécese unha liña de financiamento de 1 millón de euros. Os beneficiarios serán persoas físicas e microempresas con menos de dez traballadores e unha facturación anual inferior a dous millóns de euros.


Os solicitantes poderán optar a microcréditos ata un importe máximo de 25.000 euros (cun máximo do 95% do investimento). Os proxectos deberán contar cun plan de empresa e o informe favorable de viabilidade elaborado polo Concello de Mos.


O criterio de concesión de microcréditos por parte de MicroBank atende fundamentalmente á confianza na persoa ou o equipo que solicita o préstamo e á viabilidade do proxecto, podendo acceder persoas carentes de garantías e avais.


En virtude deste convenio, o Concello de Mos comprométese a detectar as necesidades de financiamento, dirixidas a promover o autoemprego e ao establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas e negocios de autónomos, así como a facilitar servizos de apoio e asesoramento empresarial, analizar a viabilidade do proxecto e dirixir ás persoas físicas ou xurídicas asesoradas pola corporación municipal a MicroBank para que este analice, e no seu caso aprobe, as solicitudes de financiamento.

 

 

 

MicroBank é a única entidade en España dedicada exclusivamente ao financiamento de necesidades persoais e proxectos empresariais e de negocio a través de microcréditos. En 2015, concedeu en Galicia 735 préstamos destinados a emprendedores e microempresas por importe de 7,8 millóns de euros.

 

 


O Concello de Mos é unha entidade pública situada en Pontevedra que xestiona os intereses da poboación do municipio e ofrece información, orientación e axuda para fomentar e dar apoio ás persoas emprendedoras. O Concello ten como finalidade realizar a intermediación laboral dirixida a emprendedores, empresas e persoas en situación de desemprego facilitando un servizo de ligazón ou instrumento flexible que sirva de guía na intervención, adaptándose a cada necesidade e velando polo interese común.


MicroBank, o banco social especializado en microfinanzas participado integramente por CaixaBank, é o único banco de España dedicado exclusivamente ao financiamento de proxectos a través de microcréditos.  A entidade foi pioneira no seu modelo de negocio e continúa sendo a que máis recursos destina ao financiamento de proxectos a través de microcréditos. O banco ofrece microcréditos destinados a autónomos, emprendedores e microempresas; e microcréditos persoais e familiares, que teñen como obxectivo atender necesidades que permitan superar unha dificultade temporal e faciliten o desenvolvemento persoal e familiar.  


Durante o exercicio de 2015, MicroBank concedeu en Galicia un total de 735 préstamos destinados a autónomos, emprendedores e microempresas por un importe de 7,8 millóns de euros. Para financiar proxectos persoais e familiares, o banco achegou 16,9 millóns a 3.291 iniciativas.


Acordos con máis de 560 entidades sociais
Na concesión dos microcréditos, ademais da rede de máis de 5.200 oficinas de CaixaBank, colaboran entidades que achegan coñecemento das persoas destinatarias dos créditos, ademais de asesorar e realizar o seguimento dos proxectos. Ata a data,  MicroBank asinou convenios con 566 entidades sociais de toda España que velan pola viabilidade dos proxectos financiados. As entidades sociais colaboradoras son organizacións de todo tipo con experiencia en accións de asistencia económica ou social dirixidas a potenciar a creación de microempresas, fomentar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.