Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 13 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Escenarios da Prehistoria no Pazo de Mos con motivo das Letras Galegas

A mostra fotográfica será inaugurada o vindeiro sábado pola alcaldesa, Nidia Arévalo.

[Img #24900]O programa de actos das Letras Galegas do Concello de Mos inclúe este ano unha mostra fotográfica con obras de Federico de la Peña Santos, titulada Escenarios da Prehistoria. Inaugurarase o día 14 de maio e permanecerá aberta ao público ata o 4 de xuño en horario de 17.00 horas a 21.00 horas de luns a sábado no Pazo de Mos.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, inaugurará o sábado ás 20.00 horas a exposición que declarou espera que teña a máxima acollida de público e que sexa do agrado de todos os asistentes, “xa que se trata dunha mostra moi interesante”, dixo.

 

Esta exposición no pazo de Mos trata sobre un tema altamente atractivo para o público, como é o da arqueoloxía, un dos bens patrimoniais máis relevantes da nosa provincia, que conta cunha gran riqueza en asentamentos prehistóricos de relevancia.

 

O obxectivo desta mostra é poñer en valor este parimonio, dándoo a coñecer no Concello de Mos, moi rico tamén en canto ao que a legado patrimonial arqueolóxico se refire.

 

O coñecemento é esencial para a protección destes monumentos, amosar aos cidadáns a importancia deste patrimonio de todos contribúe á concienciación para coidalo e protexelo.

 

A exposición divídese en catro grandes bloques temáticos: asentamentos paleolíticos, monumentos megalíticos, petróglifos e castros. Contén sobre 45 marcos e paneis de 40x50cm con fotografías dos 31 xacementos e monumentos prehistóricos máis destacados e espectaculares da provincia de Pontevedra. Inclúe tamén fichas técnicas dos asentamentos e monumentos expostos, detallando as características, localización,etc. ademais de textos explicativos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.