Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 16 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

ABANCA e os Empresarios de Mos unen esforzos para impulsar os proxectos das empresas

A entidade financeira e a asociación de empresarios traballan conxuntamente nunha oferta de crédito para promover a posta en marcha ou a ampliación de negocios.

[Img #24911]

 

ABANCA e a Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes do polo industrial mosense.


O presidente de AEMOS, José Mañas Gómez, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de Galicia.


O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para facilitar o crédito, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

 

 

 

Os asociados poderán eliminar as comisións nas súas contas, tarxetas e operacións máis habituais grazas ao programa Cero Comisións do banco

 

 


Desde as oficinas de ABANCA tamén facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.


Para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os seus clientes poderanse beneficiar do novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantánea de produtos e servizos.


Os profesionais pertencentes a esta asociación poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.


AEMOS agrupa os intereses de preto de 320 empresas de Mos que exercen a súa actividade en múltiples sectores. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.