OPINIÓN
Día das Letras Galegas
DECLARACIÓN DAS COMISIÓNS EXECUTIVAS DO SINDICATO NACIONAL DE CC OO DE GALICIA E A UNIÓN XERAL DE TRABALLADORES DE GALICIA.
Ante un novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, as Comisións Executivas da Unión Xeral de Traballadores de Galicia e do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia reafirmámonos no insubstituíble papel da lingua galega para a nosa sociedade, tanto na dimensión de vehículo de comunicación como na de valioso herdo cultural. Os traballadores e traballadoras de Galicia asumimos a responsabilidade de coidalo, protexelo e difundilo, como manifestación de cidadanía responsable.
O galego perténcelle a toda a sociedade; é de todas e todos nós, un tesouro colectivo que debe ficar alleo de calquera tipo de confrontación. Están aínda relativamente recentes episodios vergoñentos en que a lingua galega foi utilizada co obxectivo de obter réditos políticos. Cadrando coas eleccións autonómicas do ano 2009, viviuse unha situación de crispación como non se recordaba, chegándose incluso a cuestionar o papel da lingua galega no ensino.
Daquela tempestade vivimos aínda hoxe as consecuencias por culpa o mal chamado Decreto do plurilingüismo, que rebaixou a presenza do galego no ensino, e por culpa tamén da nova lei educativa, a LOMCE, que degradou as linguas cooficiais distintas do castelán.
Ano electoral
Neste ano que será dobremente electoral esiximos que os futuros gobernos estatal e galego derroguen estas dúas normas e, no caso concreto de Galicia, se recuperen os consensos sobre unha cuestión tan importante. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade do Parlamento de Galicia no 2004, ha ser o principio reitor da recuperación dun consenso que xamais se debeu deixar de lado por culpa de intereses espurios. Coa ollada posta nas eleccións galegas do vindeiro outono, esiximos que a lingua sexa un elemento de consenso ou, polo menos, que fique fóra da liorta partidista.
O homenaxeado, Manuel María
Por último, CCOO e UGT alentamos a cidadanía galega a tomar parte nesta permanente e esencial tarefa para lograr a plena normalización lingüística. Instamos, tamén, a todas as traballadoras e traballadores galegos a que se sumen a este compromiso e a que celebren con entusiasmo o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao polifacético escritor Manuel María.
Galicia somos nós,
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galicia,
en ti tés que atopala.
Sirvan as palabras do homenaxeado como colofón, pero tamén como reiteración, do que expresamos na presente declaración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149