GALICIA
Os sindicatos denuncia que "a Xunta pon en risco a concesión das bandeiras azuis"
"A xordeira coa que está actuando a Consellería de Sanidade e a súa incapacidade para resolver un conflito, pon en risco a concesión das bandeiras azuis as praias de Galicia para o ano 2017" aseguran, diante da folga convocada polos Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública, dende o 18 de maio.
"Diante da falta de vontade negociadora, por parte da Consellería de Sanidade e da de Facenda, para atender as xustas reivindicacións do colectivo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP), consistentes nun maior recoñecemento profesional, en dispor de mais inspectores e de mais e mellores medios materiais, para levar a cabo as tarefas de inspección e protección da saúde ambiental da poboación galega" dende as oprganizacións sindicais participan, dende o pasado día 18 de maio nunha folga indefinida, que impedirá que as praias galegas manteñan, para o ano 2017, as 123 bandeiras azuis obtidas no ano 2016.
Este risco de perda das bandeiras azuis nas praias galegas, de cara ao próximo ano, "so será responsabilidade da Consellería de Sanidade, que ano tras ano ven sometendo a un constante e continuo abandono a sanidade ambiental da nosa Comunidade" din os sindicatos, engadingo que "o corpo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública, que foi reducido desde o ano 2006 en 40 efectivos, pasando de 100 a 62 na actualidade, non pode seguir garantindo a vixilancia sanitaria nas 497 zonas de baño da nosa comunidade durante a tempada de baño que se inicia o próximo 16 de maio e conclúe o 30 de setembro".
Cabe lembrar que a vixilancia sanitaria das praias implica, inspeccións e 10 análises de auga periódicos en cada zona de baño.
Para a obtención das bandeiras azuis, necesítase obrigatoriamente un mínimo de 8 análise durante a tempada de baño, téndose que realizar o móstreo cun intervalo máximo de 30 días.
"Si a Consellería de Sanidade e mais a de Facenda, non se aveñen a negociar e por tanto impiden a materialización desta folga convocada polos FISP, serán os responsables de que perigue a obtención das 123 bandeiras azuis, obtidas no ano 2016 polas praias galegas, de cara ao próximo ano (das 123 bandeiras azuis, 56 corresponderon á provincia de Pontevedra, 45 á da Coruña e 22 a de Lugo)" aseguran.
Desde as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT emprazan "aos responsables de Sanidade e de Facenda a que abran unha mesa de negociación que permita abordar as xustas reivindicacións do colectivo dos FISP, para que un importante reclamo turístico, como son as bandeiras azuis das praias galegas, se podan manter e incluso incrementar de cara ao ano 2017".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149