Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Praza do Reló acolle o domingo 22 a Feira do Libro da Guarda

[Img #24991]O vindeiro domingo, día 22 de maio, a Praza do Reló acollerá a Feira do Libro da Guarda. Trátase da 9ª edición dunha iniciativa na que librerías da Guarda e doutros concellos da comarca do Baixo Miño porán á venda os seus libros cun 20% de desconto durante todo o día.


 
Un dos pratos fortes da xornada correrá ó cargo de Fran Rei, que se encargará de realizar a sesión de contos “OS CONTOS DA BARRIGA VERDE”. Esta dará comezo cara ás 12:30 horas e estará baseada en textos de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.


 
Xa pola tarde os visitantes poderán desfrutar, ás 19:30 horas, doutra das actividades destacadas da xornada: o espectáculo “Falar sen cancelas”. Nesta actuación os cómicos Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco combinarán monólogos, representacións e diferentes xogos coa palabra e, sobre todo, o humor como protagonistas.


 
Entre as librarías que acudirán cos seus postos atópanse ATLÁNTICA, LER E CERVANTES da Guarda; MULTINOVAS E IDEAS, do Rosal e Libraida de Gondomar. Ademais tamén haberá un posto de intercambio de libros, tanto de adultos como infantís, no que os asistentes poderán deixar un libro que xa non queiran e levar outro a cambio.


 
A Feira concluirá ás 21 horas cun sorteo de libros que dará por finalizada unha das citas máis sinaladas do ano para librerías e lectores da Guarda.
 
 
PROGRAMA DA FEIRA DO LIBRO:
 
11.00.- Apertura dos postos das librerías
12.30.-”OS CONTOS DE BARRIGA VERDE”: sesión de contos baseada en textos de Manuel María, a cargo de Fran Rei
19.30.- “Falar sen cancelas”
21.00.- Sorteo de libros e Peche da Feira

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.