GALICIA
A Xunta salienta a importancia das conexións ferroviarias das plataformas loxísticas de Salvaterra-As Neves
A conselleira defende tamén o impulso do ferrocarril ata a terminal de Bouzas, no Porto de Vigo.
![[Img #24999]](upload/img/periodico/img_24999.jpg)
A Xunta reivindicou esta semana a necesidade de dotar de conexións ferroviarias axeitadas as plataformas loxísticas de Salvaterra-As Neves (Plisan), de Monforte de Lemos e de San Cibrao das Viñas, ademais da terminal de Bouzas, no Porto de Vigo, para mellorar a competitividade das rexións do Norte de España e de Portugal. Así o dixo a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, quen participou hoxe na reunión de Rexións do Sudoeste Europeo (RESOE),na que defendeu a necesidade de que esta macrorrexión fale “cunha única voz” no eido da intermodalidade de mercadorías e impulsala como gran plataforma loxística do sur de Europa.
Vázquez participou esta semanaq nun encontro de traballo, baixo o título ‘Iniciativas en transporte de mercancías y logística en la red TENT-T’, co obxectivo de reforzar o papel desta área como gran plataforma loxística de referencia do sur de Europa. Nesta xornada, que contou con representantes das rexións de Castela e León, Asturias, norte e centro de Portugal e Galicia, tratouse de compartir claves e avanzar en proxectos colectivos, gañando peso en Europa e ofrecendo máis e mellores oportunidades aos cidadáns. Neste sentido, púxose en valor a cooperación, imprescindible para converter obxectivos individuais en metas comúns, interconectando redes e modos de transporte e mellorando o posicionamento en Europa.
A reunión tiña como obxectivo reforzar o papel desta macro rexión coa fin de ser unha única voz no eido da intermodalidade de mercadorías e impulsarse como gran plataforma loxística de referencia do sur de Europa
Nesta xuntanza presentouse e aprobouse o Master Plan da Estratexia SICA (Sección Ibérica Corredor Atlántico), que aglutina e integra os proxectos para o fomento do transporte intermodal de mercadorías no territorio da macro-rexión RESOE. Os asistentes tiveron a oportunidade de presentar as súas propostas para analizalas e debatelas, así como consideralas para introducilas no citado documento.
No caso de Galicia, a Xunta analizou este texto e traballou con representantes dos portos e distintos operadores loxísticos coa fin de incorporar as singularidades que ten a comunidade. Así, o Goberno galego propuxo incorporar ao Plan cuestión relacionadas coa mellora de accesos a portos ou optimizacións nas liñas ferroviarias como Monforte-Lugo-A Coruña-Ferrol ou na conexión entre Galicia e Portugal.
Nesta xornada presentouse e aprobouse o Master Plan da Estratexia SICA (Sección Ibérica Corredor Atlántico), que aglutina e integra os proxectos para o fomento do transporte intermodal de mercadorías no territorio da macro-rexión
Dado que un 32,8% do tráfico de mercancías por estrada entre a macro-rexión e Portugal, e un 22,1% do total entre España e Portugal se produce a través do paso tansfronteirizo de Valença-Tui, a Xunta considera que o ferrocarril debería intentar captar parte dese volume, coa mellora da conexión existente.
Ethel Vázquez tamén plantexou neste documento outras actuacións importantes como a terminal ferroviaria da Central de Transportes de San Cibrao das Viñas, en Ourense, sobre a liña convencional Zamora-Ourense; a conexión ferroviaria da terminal de Bouzas, no Porto de Vigo; ou a terminal ferroviaria na Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149