Ponteareas
O pleno da Corporación Municipal de Ponteareas aproba o Orzamento de 2016 tras seis anos de prórrogas
As contas para o presente exercicio saíron adiante con 10 votos a favor de BNG, PSdeG-PSOE e A Riada do Tea, grupos que soportan o Goberno Local, a única abstención de EU-Son, e os 9 votos en contra do PP e ACIP
![[Img #25040]](upload/img/periodico/img_25040.jpg)
O pleno abriuse con palabras de agradecemento cara a xa ex edil de ACIP, Mª Xosé Aparicio, que presentou a súa renuncia o pasado 12 de maio no rexistro municipal por motivos laborais e que estivo ausente neste pleno ordinario de maio. Todos os grupos sen excepción desexáronlle éxitos na vida e no traballo.
Amortización de prazas vacantes
O debate comezou ao chegar á proposta de amortización de prazas vacantes en execución do Plan de Axuste aprobado pola Corporación no 2013. A oposición de PP e ACIP acusou ao Goberno local “de non cambiar nada” neste primeiro ano de goberno de BNG, PSdeG e A Riada do Tea. “Estas medidas son consecuencia das súas políticas, non nos queda marxe”, replicou o primeiro edil. “Estamos obrigados a cumprir a redución do déficit, o Estado nos embarga a metade dos ingresos por adiantarnos os cartos para pagar unha débeda inmensa, débeda que vostedes contribuíron a facer.”, respondeu.
![[Img #25039]](upload/img/periodico/img_25039.jpg)
“O idóneo é contar cunha nova relación de postos de traballos que corresponda coas necesidades da veciñanza, e non a política de contratación desastrosa de anteriores gobernos”, engadiu Represas. A amortización levará a aforrar entorno aos 133.000 euros en postos de traballo: 92.528 euros de catro funcionarios e 41.037 euros en personal laboral.
O punto da modificación das retribucións e requirimentos de acceso da praza de Técnico de Intervención e a amortización da praza de Oficial de 3ª de oficios varios deu que falar, ao que lle corresponderá un salario de 36.000 euros aproximadamente. A oposición postulouse en contra da medida ao entender que xerará máis desigualdades salariais entre os traballadores do Concello. “O Concello precisa dun Técnico de Intervención de seu dado o intenso traballo nesa área que se debe facer no Concello. As traballadoras de Intervención están a suplir ese traballo con moito esforzo e é de agradecer, mais precisamos de alguén cualificado. Os Concellos da zona teñen salarios semellantes ao proposto nesta medida”, defendeu o alcalde.
Orzamentos
Tras seis anos cos orzamentos prorrogados, o pleno da Corporación aprobou provisoriamente as contas municipais para 2016. As forzas políticas no Goberno aprobaron cos seus 10 votos a favor a proposta de presupostos. O edil de EU-Son, Lino Costas, abstívose para “non bloquear a súa aprobación porque coido que entre as contas prorrogadas e estas novas, aínda que non suficientes para nós, son un mellor punto de partida”. Os 9 votos en contra do PP e ACIP –coa ausencia da citada edil neste grupo- e adiantaron que presentarán alegacións ao documento.
Os orzamentos aprobados contemplan 13,7 millones de ingresos e 12,9 millóns de gastos para este exercicio. Destinará a persoal 5,5 millones de euros; a gastos correntes en bens e servizos, 6,1 millóns de euros; e medio millón de euros a pagar condenas xudiciais de intereses de demora e debédas, así como outros gastos financeiros. Ademais, o Goberno insistiu no carácter social destas contas polo aumento de gasto nas partidas dedicadas ás axudas de emerxencia social, pasando de 60.000 a 90.000 euros, que chegará a máis familias con máis importe, así como as previsións de 30.000 euros para o servizo de comedor escolar e 20.000 euros para material escolar e libros. Asemade, inclúe unha partida de 50.000 euros para subvencionar a creación de postos de traballo e destina 40.000 euros ás actividades das casas culturais e outros 40.000 euros aos clubs deportivos
Non se puideron discutir as dúas últimas propostas da orde do día e tódalas mocións presentadas polos diversos grupos e xa que os grupos do PP e ACIP decidiron marchar, xa pasada a media noite.
Para o PP "non cumpre co Plan de Saneamento nin con todos os informes técnicos"
A conclusión a que chegaba o grupo popular era que o documento que presenta o Goberno “está incompleto, fáltanlle informes técnicos como o da Secretaria municipal, contén multitude de erros e non cumpre co Plan de Saneamento Financeiro 2014-2016 que o Concello ten aprobado dende o ano 2013 pola maioría da Corporación municipal”.
Dende o PP explican que “durante a lexislatura pasada, foi imposible aprobar un Orzamento porque a Lei impedíalle ao Concello de Ponteareas a elaboración dese documento sen antes ter un Plan de Saneamento que lle dera cobertura ao Remanente Negativo de Tesourería. E foi nesta tarefa na que o Goberno do PP centrou todo o seu traballo e esforzos durante os últimos anos, sen contar en ningún caso cos membros do BNG nen cos do PSOE, que sempre votaron en contra de todas esas medidas, e que agora non só lles permiten poder falar da elaboración dun orzamento, senon que co tempo demostrouse que esas medidas implantadas polo PP non eran tan malas pois eles mesmos agora continúan utilizándoas e non cambiaron nada”.
Os populares aseguran que solicitaron ao Alcalde na Comisión Informativa “que se incorporase ao expediente un Informe da Secretaria e outro da Tesoureira municipais, e como nos dixo que non eran necesarios, o pasado venres os concelleiros do grupo popular que representan un tercio da Corporación, solicitáronllo directamente por escrito a ambas técnicos”.
Finalmente os nove edís do PP votaron en contra destes orzamentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184