TURISMO
Portos de Galicia y AGAN+ estrean os seus novos Cruceiros Costeiros de Galicia ca primeira ruta pola Ría de Vigo
Estes cruceiros apostan por unha posta en valor do patrimonio marítimo, cultural e gastronómico das rías baixas.
![[Img #25030]](upload/img/periodico/img_25030.jpg)
O salón principal do Real Clube Náutico de Vigo acollía esta semana o acto de presentación da segunda proposta dos Cruceiros Costeiros de Galicia que operará baixo o nome “Islas Atlánticas y Villas Marineras” . Tratase dunha iniciativa promovida por Portos de Galicia e Turismo de Galicia e organizada pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+). O acto asistiu o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas e representante da rede Europea NEA, Manuel Soliño, entre outras personalidades da Xunta de Galicia y das distintas autoridades portuarias de Galicia.
Estes cruceiros constitúen un novo modelo de turismo nas rías baixas, coordinando varios sectores económicos e apostando polo potencial do patrimonio natural, cultural, gastronómico e histórico das rías. O seu obxectivo é crear unha oferta turística máis completa e accesible que permita atraer visitantes as pequenas vilas costeiras de Galicia. Este proxecto forma parte das iniciativas da rede náutica europea NEA, formada por España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda), na que participan Portos de Galicia e Turismo de Galicia.
O encargado de abrir o acto e presentar ao resto de participantes foi o presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas, Manuel Soliño, que explicou brevemente a iniciativa. “é un modelo totalmente novo de turismo, integrando a oferta náutica coa terrestre e aproveitando o patrimonio natural, cultural e gastronómico das rías baixas”, explico Soliño.
Pola súa parte, o director de Portos de Galicia, José Juan Durán, afirmou que este é un proxecto “novidoso e necesario para promocionar o noso litoral como merece, complementando a oferta das instalacións portuarias con pasaxes e actividades náuticas”, o que engadiu que “as nosas rías teñen un potencial altísimo en tódolos aspectos que debemos aproveitar para engadir a longa lista de cousas que o mar nos ofrece, e non quedarnos unicamente ca industrias tradicionais”.
Nesta mesma liña, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, definiu esta nova oferta coma “unha tarefa pendente que tiñamos que sacar adiante. Vender a nosas rías como un dos produtos estrela de Galicia”. Do mesmo xeito, a directora aproveitou a ocasión para recordar que “as rías galegas son navegables os 365 días do ano e iso temos que explotalo con iniciativas coma esta, que venden a nosa cultura, a nosa gastronomía, a artesanía...en definitiva. Venden Galicia”.
Para rematar, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, e tras felicitar a todos os involucrados na iniciativa, remarcou o carácter novidoso da mesma como “O camiño a seguir no turismo galego. Produtos coma este son o futuro do turismo en Galicia. O que debemos facer é darlle tantas opcións os visitantes que non teñan máis remedio que volver”. Ademais, engadiu o presidente, “Galicia é a rexión con máis praias con Bandeira Azul e con máis instalacións náutico-deportivas certificadas co distintivo Q de Calidade Turística. Ser unha referencia no turismo náutico é case unha obriga”.
Este segundo itinerario dos Cruceiros Costeiros de Galicia cubre as rías baixas o largo de 6 días de navegación cada semana e ven a complementar a oferta turística que comezou cos cruceiros denominados “Tesoros de las rías de Galicia” cun itinerario de duración variable. Esta oferta poderá adquirirse para os 6 días completos ou para unha soa xornada, o que a fai de gran interese para os hoteis e restauradores locais que queiran ampliar as estancias dos seus visitantes. Este novo cruceiro navegará os martes e mércores na ría Pontevedra, xoves e venres na de Arousa e sábado e domingo na de Vigo.
Durante estes cruceiros, os pasaxeiros coñecerán o patrimonio natural das illas Cíes, os museos Massó e Valle Inclán en Bueu e Vilanova de Arousa, pequenas vilas costeiras coma Combarro ou Boiro e todas as lendas e historias que agocha o noso litoral. Moitas delas grazas a unha das principais novidades de estes cruceiros, o uso da realidade aumentada a bordo. Una aplicación creada para extraer todo o potencial turístico das nosas rías aproveitando o gran patrimonio inmaterial de Galicia. Grazas a esta nova tecnoloxía, desenrolada integramente en Galicia pola empresa Human Soft, os cruceristas poderán ter información inmediata e actualizada nos seus dispositivos intelixentes do que están a ver.
Os Cruceiros Costeiros son unha iniciativa que cumpre cos requisitos da Carta de Calidade NEA e a Carta Europea de Turismo Sostible, aprobadas polos socios da rede Nea en España, Portugal, Francia, Irlanda y Reino Unido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149