Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 21 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Alfonso Rueda e Nava Castro reúnense con organizacións de consumidores da provincia

Asistiron tamén como invitadas a presidenta e a xerente do Instituto Galego de Consumo.

[Img #25031]

 

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e a coordinadora de Política Económica e de Emprego, Nava Castro, reuníronse esta semana, con diferentes organizacións de consumidores da provincia co fin de coñecer os principais asuntos de interese para os consumidores e á vez recabar propostas de cara ás próximas eleccións autonómicas.

 

Esta reunión con consumidores, á que tamén foi como invitada, a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, así como a xerente, María Jesús Muñoz, enmárcase dentro da rolda de encontros que o PP de Pontevedra está realizando con diferentes asociacións da provincia co fin de trasladar non só as propostas do Partido Popular, senón tamén para recoller as principais inquedanzas, suxestións ou preocupacións dos diferentes colectivos.

 

 

 

Os populares queren coñecer os principais asuntos de interese para os consumidores e á vez recabar propostas de cara ás próximas eleccións autonómicas.

 

 

 

Entre os principais temas tratados, as diferentes organizacións explicaron que as cuestións que están a crear máis debate e máis reclamacións por parte dos consumidores son as cláusulas suelo e a factura eléctrica.

 

Os diferentes representantes coincidiron ao solicitar máis transparencia na relación entre usuarios e entidades financeiras así como a reclamar, en canto á factura eléctrica que sexan os consumidores os protagonistas, de maneira que teñan cada vez máis capacidade de xestionar os seus propios consumos así como de esixir medidas de protección para os consumidores máis vulnerables.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.