PROVINCIA
O Concello de A Guarda pidelle a Deputación o arranxo de 200 metros da rúa Concepción Arenal
Os deputados David Regades e Uxío Benítez mantiveron un encontro co alcalde de A Guarda Antonio Lomba.
![[Img #25036]](upload/img/periodico/img_25036.jpg)
Os deputados provinciais de Cooperación e Mobilidade, David Regades e Uxío Benítez, mantiveron unha xuntanza de traballo no concello de A Guarda co seu alcalde Antonio Lomba e varios dos seus concelleiros.
No encontro, o alcalde presentoulles a ambos deputados o proxecto para á humanización de 200 metros da rúa Concepción Arenal que ademais é parte dunha estrada provincial. Antonio Lomba recordou que leva máis de tres anos reclamándolle á Deputación de Pontevedra que arranxe estes 200 metros xa que o concello concluíu o resto da rúa pero non pode actuar neste espazo por ser de titularidade provincial.
Lomba mostroulles o proxecto da obra que o propio concello fixera fai anos que en varias ocasións remitirá a la anterior Deputación sen que existira ningunha resposta ao respecto.
Tanto David Regades como Uxío Benítez coincidiron en destacar o uso que facía o Partido Popular da institución provincial “discriminando” aqueles concellos que non eran da súa cor política como demostra o caso de A Guarda e dunha obra de apenas de 200 metros dunha rúa.
O deputado de Infraestruturas comprometeuse co alcalde a estudar a inclusión do proxecto da rúa Concepción Arenal no plan de infraestruturas da Deputación.
O alcalde e os dous deputados provinciais realizaron tamén unha visita as novas instalacións do concello de A Guarda que pretenden mellorar os servizos que se prestan aos veciños e veciñas da localidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149