Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 21 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ao Partido Popular sorpréndelle a programación da Festa do Corpus Christi 2016

Ao Portavoz do PP de Ponteareas, Salvador González Solla, sorpréndese de que "o actual goberno municipal (BNG, PSOE e Riada do Tea) que durante a lexislatura pasada nos criticaban e dicían que gastabamos os cartos en grandes orquestras e actuacións estelares e que se invertía pouco nos auténticos artistas do Corpus Christi, que son os propios alfombristas; este ano, apesares de recibir a maior subvención da historia para esta festa, o goberno local non lla traslade aos propios alfombristas, mantendo a mesma subvención que en anos anteriores; aínda por riba, cando durante o goberno do Partido Popular, se fartaban de criticar e de esixir maiores subvencións para os alfombreiros e alfombreiras dos Corpus Christi de Ponteareas".  

 

Os populares explican que no que atinxe a programación das orquestras para este ano, non entenden o cambio de criterio das forzas políticas do goberno local, "sen ir máis lonxe, o ano pasado, non se podía traer á orquestra Panorama porque había que destinar eses cartos para axudas de emerxencia social e para os máis desfavorecidos, agora, un ano despois, que pasa? Xa non hai emerxencia social no noso concello? xa se acadou o pleno emprego?... Sen embargo, seguen empregando a mesma cantinela cos colectivos sociais, deportivos, culturais e veciñais do noso concello: NON HAI CARTOS!... de todos os xeitos, estamos moi ledos de que o goberno mude de aptitude, e esperamos que con esas actuacións e co traballo desinteresado dos alfombristas ponteareáns, o Corpus Christi represente unha oportunidade para o comercio e para hostalería de Ponteareas que está a sufrir, nas súas propias carnes, a crise económica, tamén de ideas e de colaboración do goberno local".

 

Dende o PP rematan asegurando que "polo tanto, este goberno ten que dar moitas explicacións, xa que parece mentira, que cando non gobernan son os que encabezan solidariedade, a participación, o asociacionismo... e agora que están no goberno, van vendendo fume. O que queremos deixar claro é que esta, é unha crítica ao Alcalde e aos seus concelleiros, á demagoxia dun goberno que na oposición tiña discurso e agora no goberno, ten  outro".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.