Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 20 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos repartiu preto de 500 elementos de material deportivo entre catro clubes


A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, fixéronlle a entrega ós representantes das distintas agrupacións

[Img #25042]

 

Onte realizouse a entrega ós clubes e asociacións deportivas do Concello de Mos do material concedido por parte da Deputación de Pontevedra para uso das devanditas agrupacións. A entrega levouse a cabo no Pavillón Óscar Pereiro e contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes e tenente alcalde de Mos, Alberto Méndez, representantes do Club Deportivo Louredo, Club Louro-Tameiga, Club de Patinaxe Artístico Rosaleira Mos, e Unión Deportiva Mos.

 

En total repartíronse 419 elementos entre balóns de fútbol, conos, cordas de salto para ximnasia, petos, picas, redes de fútbol, bandas elásticas, esteiras e balóns de fútbol sala.

 

O número de balóns repartidos ascendeu a 120, mentres que balóns de fútbol sala foron 20, conos 50, cordas de salto para ximnasia 24, esteiras 34, petos 105, redes de fútbol 6, bandas elásticas 16 e picas 44.

 

Os representantes dos clubes deportivos, xunto coa rexedora local, asinaron as actas de recepción do material. Material de gran importancia para o óptimo desenvovemento da actividade diaria dos equipos que integran estes clubes de fútbol e patinaxe e nos que se adestran centos de nenos e nenas mosenses.

 

Neste sentido os representantes municipais, Arévalo e Méndez, destacaron que “todo apoio é pouco para o deporte base mosense, xa que é necesario educar dende as categorías inferiores nos hábitos de vida saudables, a capacidade de superación, o compañeirismo, o espíritu de equipo, o respecto polo rival e a competición sá e limpa”. E para poder facer todo isto fan falla medios materiais: infraestuturas e material de adestramento e competición. “Non esquezamos que o mellor xeito de poñer en práctica todos estes valores, fundamentais na sociedade actual, e nos que é vital educar ós nosos/as nenos/as e mozos/as, é facendo deporte pero sempre nunhas condicións óptimas para os cativos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.