PROVINCIA
A Deputación comprométese a busca de fórmulas legais para rematar o campo de fútbol do Alondras
Os deputados David Regades e Uxío Benítez mantiveron un encontro co alcalde de Cangas Xosé Manuel Pazos
![[Img #25050]](upload/img/periodico/img_25050.jpg)
Os deputados provinciais de Cooperación e Mobilidade, David Regades e Uxío Benítez, mantiveron a semana pasada unha xuntanza de traballo no concello de Cangas co seu alcalde, Xosé Manuel Pazos para analizar diversas actuacións no municipio.
En primeiro lugar, analizaron a situación do "Plan Concellos 2016" polo que o concello de Cangas recibe da Deputación máis dun millóns de euros, dos cales xa ten concedidos 496.604 euros, o que representa case o cincuenta por cento das achegas da institución provincial ao longo desta anualidade.
O alcalde, pola súa parte, plantexou unha serie de actuacións que demanda a Deputación dun xeito urxente, como e a busca dunha solución para o campo de fútbol do Alondras. A este respecto, David Regades subliñou o compromiso da entidade provincial de buscar unha fórmula legal que permita a conclusión das obras "despois da herdanza chapuceira que deixou o anterior goberno provincial e que provocan os problemas actuais".
Igualmente Xosé Manuel Pazos reclamoulle o deputado de Mobilidade a humanización do entorno do cruceiro de Hio dende o tramo de Pedreiron para mellorar unha estrada que da acceso a unha zona de praias. Precisamente, Uxío Benítez salientou que tras a época estival poderían comezar as obras unha vez licitado o proxecto.
Tamén neste mesmo senso pronunciouse Benítez sobre a estrada de Coiro, onde os veciños levan pedindo arranxos dende fai varios mesess, e no que podería estudarse un proxecto de melloras para esta estrada. Na parroquia de Darbo o deputado de Mobilidade tamén destacou que vaise facer un estudo sobre a denominada "curva de Hervello", que os veciños e veciñas cualifican de punto negro, para estudar "unha posible eliminación cun proxecto novo de arranxo da estrada", subliñou Uxío Benítez.
Por último, ambos deputados provincias mostráronse dispostos a colaborar coa limpeza e acondicionamento dos viais de acceso as praias de Cangas que, tamén foi demanda polo alcalde Xosé Manuel Pazos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85