Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 22 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
BAIONA

Medio Ambiente iniciará este ano as obras da II fase de humanización da Travesía de Sabarís

Con esta nova actuación complétase e remátase a humanización da Travesía de Sabarís, arteira principal da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

[Img #25065]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciará este ano  as obras da II fase de humanización da Travesía de Sabarís, no Concello de Baiona, por máis de 1,1 millóns de euros.

 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal Almuíña, asinaron esta semana o convenio de colaboración, aprobado este mesmo mes polo Consello da Xunta, e que permite a licitación nun primeiro termo da redacción do proxecto de obra e a continuación dos traballos propiamente ditos.

 

Grazas a esta nova fase, iniciaranse as actuacións correspondente á segunda fase, que comprende a Praza Vitoria Cadaval e o tramo da rúa Julián Valverde, desde o cruce coa rúa José Pereira Troncoso ata a rúa Porto do Sol; e o que se completará e rematará definitivamente as obras de humanización da Travesía de Sabarís, a arteria principal da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

 

 

 

O orzamento distribuirase entre este ano e o seguinte, e servirá para actuar no contorno da Praza Vitoria Cadaval

 

 

 

A conselleira de Medio Ambiente recordou que en 2008, o concello e Baiona promoveu o concurso de ideas para humanizar a travesía interior de Sabarís, desde a rotonda de Ponte Romano ata a da “curva do manco”. As actuacións distribúense en tres fases, das que xa foron executadas a primeira (rúa Julián Valverde) e a terceira (rúa Porta do Sol e Areas). O Goberno galego investiu máis de 1,8 millóns de euros desde 2012 nestas dúas actuacións.

 

Así, a humanización terán como obxectivo mellorar a rede separativa de pluviais e fecais, abastecemento, alumeado e soterrado de electricidade e telefonía; renovar a rede de saneamento, pluviais e fecais; reorganizar o tráfico rodado nun só sentido de circulación dirección a Baiona; eliminar barreiras arquitectónicas; e crear espazos públicos de calidade.

 

Este proxecto pretende, ademais, converter á Praza Vitoria Cadaval nun espazo de lecer, con elementos vexetais que ofrezan sombra e creando un ambiente amable para os usuarios.

 

Tamén se completa recuperar a contorna do edificio catalogado como Mercado Municipal, con propostas encamiñadas a dotar de unidade a zona e buscando unha maior integración e vinculación tanto coa praza, como coa ponte medieval. En definitiva, trátase de actuar nun ámbito que supera os 5.500 m2 de superficie, que será un lugar de encontro para os veciños e un punto de lecer neste concello, cun grande atractivo turístico.

 

Plan Hurbe
Esta actuación inscríbese no Plan HURBE, que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta  á necesidade de humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes.

 

 

 

A Xunta de Galicia xa executou outras dúas fases desta humanización, ás que destinou máis de 1,8 millóns de euros desde 2012

 

 

 

Segundo o Plan de investimentos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería destinará este ano máis de seis millóns de euros a este Plan, aos que se sumarán cinco novos millóns de euros, grazas a inxección que recibirá a Comunidade galega polo cumprimento do déficit. O orzamento destinarase, principalmente, á humanización de rúas e á urbanización e mellora de espazos públicos.

 

Entre outros beneficios, o HURBE favorece a sostibilidade futura compatibilizando o desenvolvemento económico e a agrupación en torno aos núcleos de poboación con criterios de ordenación territorial e habitabilidade, recupera espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico, e potencia a conservación dos equipamentos urbanos patrimonio histórico das nosas vilas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.