Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos participará no Plan de Inclusión Dixital de Galicia para mellorar a empregabilidade e inserción social dixital da súa cidadanía

Para elo, previa aprobación mañá en Xunta de Goberno Local, adherirase como entidade colaboradora á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

[Img #25100]

 

A Xunta de Goberno Local de Mos aprobará mañá a participación do Concello como entidade colaboradora e colaboradora e aliado dixital no Plan de Inclusión Dixital de Galicia. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron hoxe da intención dende a administración local de formalizar a adhesión como entidade colaboradora e aliada dixital deste plan deseñado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en adiante, AMTEGA).

 

Coa participación do Concello de Mos no Plan de Inclusión Dixital preténdese, segundo explicaron os representantes municipais “a mellora dixital a nivel local para proporcionar á cidadanía as aptitudes dixitais que lles permitan facer pleno uso das tecnoloxías para aumentar a súa empregabilidade e favorecer a súa inserción social”.

 

Soto lembrou por outra banda que  o Concello de Mos está adherido como entidade colaboradora ao Programa de Voluntariado Dixital dende o 19 de xuño de 2012 e a Rede CeMIT dende o 31 de xullo de 2013. O Concello éstá asímesmo inscrito como entidade colaboradora de acción voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

 

As liñas de colaboración entre o Concello de Mos e a AMTEGA serán a realización de actividades de formación, actividades de difusión e sensibilización (faladoiros) e proxectos e iniciativas singulares para o fomento da sociedade dixital en Galicia, dinamización dos espazos públicos integrados na rede CeMIT, cesión de contidos dixitais propios e/ou espazos físicos para o seu aproveitamento por parte da cidadanía e organización de actividades e/ou iniciativas en colaboración co Programa de voluntariado dixital (VOLDIX).

 

Ao formalizar a adhesión  como “aliado dixital”, o Concello de Mos terá como dereitos empregar o cualificativo de «aliado dixital» do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 nas súas publicacións ou elementos promocionais. Beneficiarse das accións de comunicación que realice a Amtega a través das canles de comunicación que ten ao seu alcance para a correcta difusión da inclusión dixital. Neste senso, a Amtega garantirá a presenza do logotipo e/ou nome da entidade ou referente/mentor dixital, que figurará conxuntamente co do organismo promotor, Xunta de Galicia, nas actividades de difusión e divulgación que se realicen.

 

Utilizar, de maneira temporal, de balde, sen exclusividade e sempre que haxa dispoñibilidade, a rede de aulas CeMIT que a Amtega pon á súa disposición, para o desenvolvemento de actuacións de interese no eido da inclusión dixital, así como aqueles equipamentos cedidos por outras entidades colaboradoras no marco da presente resolución. Acceder aos recursos relativos á inclusión dixital de Galicia, que recolle os activos existentes e os datos de contacto do resto dos participantes nesta iniciativa, así como aos mecanismos de comunicación que permitan establecer os contactos profesionais necesarios que posibiliten a colaboración no desenvolvemento de calquera das liñas de actuación na mellora da inclusión dixital. Dispoñer do catálogo de servizos dixitais que inclúe o plan de formación, e os recursos formativos, metodoloxías didácticas e guías formativas que derivan del, así como de calquera outro material formativo cedido polos «aliados dixitais» no marco da presente colaboración, para o seu aproveitamento pola entidade na realización de actividades de alfabetización e inclusión dixital. Beneficiarse de actuacións de capacitación ao seu persoal para o correcto desenvolvemento de actividades de alfabetización dixital naqueles colectivos con que a entidade teña relación. E poder facer uso dos procedementos e ferramentas tecnolóxicas que posúe a Amtega para a xestión, rexistro e desenvolvemento das actividades de mellora da inclusión dixital, así como formación e asesoramento no seu uso.

 

Así mesmo, como entidade colaboradora inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, a administración local mosense poderá solicitar apoio de persoas voluntarias rexistradas no Programa de voluntariado dixital para o desenvolvemento das actividades de inclusión dixital, e solicitar equipamento tecnolóxico cedido por outros «aliados dixitais», para a mellora dos servizos que prestan aos colectivos con que traballan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.