Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

“Rubén Blanco e Patricia Martínez son un orgullo para Mos e merecían ser este ano protagonistas das Festas da Rosa”

A alcaldesa mosense fai un repaso nesta entrevista do seu último e vertixinoso ano, cheo de novidades e moitas responsabilidades: maternidade, Alcaldía, portavocía na Deputación de Pontevedra e vicepresidencia do PP provincial.

[Img #25146]Este último ano estivo cheo de novidades para vostede, tanto a nivel persoal como profesional: revalidou a alcaldía, foi nai, foi elixida voceira do grupo do Partido Popular na Deputación de Pontevedra e vicepresidenta do PP provincial.
Sí, son catro feitos que marcan a miña vida e a miña traxectoria profesional e que marcan un antes e un despois en ambos aspectos. Calquera deles enorgulléceme enormemente e porei todo o empeño para estar á altura das circunstancias.


Volver a acadar a alcaldía por segunda lexislatura consecutiva con maioría absoluta, e tendo en conta o esceario político reinante a nivel nacional é unha honra para min e unha recompensa ó traballo e adicación dos anos previos. Sen embargo constitúe tamén unha forte motivación para continuar a traballar duro e doblar esforzos a prol da mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Mos así coma dos servizos municipais.


Todo este traballo non sería posible sen o formidable grupo de concelleiros e concelleiras que integran o goberno local. A este excelente equipo humano que teño detrás respaldándome, téñolles que agradecer tamén, tanto a vitoria nas pasadas eleccións locais, como a boa marcha da xestión municipal.


A miña portavocía na Deputación é unha gran responsabilidade tendo como precedente, mestre e exemplo a seguir ó expresidente provincial Rafael Louzán. O seu labor de tantos anos deixou o listón moi alto e, pola miña banda, porei todo o empeño en favor dos intereses dos pontevedreses dando continuidade á liña de traballo duro encabezada por Louzán na que considero que foi unha etapa histórica da Deputación de Pontevedra.


A vicepresidencia do PP provincial é outra gran honra para min, que lle agradezo ó actual presidente, Alfonso Rueda, a confianza depositada na miña persoa. Espero facer o mellor papel posible e ser o complemento á súa xestión que é inmellorable en tódolos ámbitos.


E que vou dicir da miña primeira filla, María. É o máis fermoso da miña vida, a ledicia do meu día a día e a mellor recompensa tras unha longa xornada de traballo. As nais saben do que falo e non hai nada comparable á maternidade.

 

Son moitos frentes nos que vostede ten que dar o 100%, chéganlle as 24 horas do día?
A verdade é que estes están a ser tempos inesquecibles pero agotadores nos que non me queda máis remedio que duplicar esforzos e ampliar as horas de traballo. Neste sentido teño a sorte de contar cuns compañeiros moi eficientes no equipo de goberno local mosense e, a nivel familiar, coa incondicional e incombustible axuda da miña nai; que me permite compatibilizar as miñas responsabilidades profesionais e políticas coa miña faceta como nai. A conciliación da vida familiar e laboral é xa dificultosa de por sí, e nas miñas circunstancias actuáis complícase un pouco; pero síntome moi orgullosa de poder compatibilizar a maternidad eco traballo a prol dos mosenses en particular e dos pontevedreses en xeral.

 

Este último ano foi tamén decisivo para unha das principais realidades mosenses, o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Sí aprobámolo provisionalmente e agora atópase na Xunta de Galicia para a revisión previa á aprobación definitiva. Podemos dicir que o PXOM é prácticamente unha realidade de vital importancia para o progreso e o futuro de Mos. A verdade é que se trata dun logro do que me sinto moi orgullosa tanto como alcaldesa como mosense, posto que representa un hito histórico para esta localidade. E neste sentido teño que agradecer enormemente o papel xogado durante todo o proceso polos técnicos municipais e as diferentes autoridades implicadas tanto da Xunta de Galicia como do Ministerio de Fomento, así como do equipo redactor.

 

Segue a ser o emprego o pilar fundamental da súa xestión como alcaldesa?
Por suposto. Aínda que a situación en cifras de desemprego mellorou a nivel local, é necesario continuar a traballar duro nesta materia, na que ademais estamos dotados dunhas infraestruturas inmellorables e somos un Concello pioneiro que conta coa súa propia Axencia de Colocación, sita no antigo CDL. Os nosos recursos están a ser altamente recoñecidos por outras administracións e as instalacións e aulas da Axencia de Colocación están permanentemente ocupadas con accións de formación e fomento do emprego de todo tipo: cursos AFD, Obradoiros e Plans de Emprego, seminarios e diferentes estratexias. Ademais contamos na Axencia de Colocación de Mos con dous servizos especializados de Orientación Laboral e Asesoramento a Emprendedores. Somos, neste sentido, un Concello modelo ó que aínda lle queda moito por facer ata chegar a taxa de paro cero, pero podemos presumir de estar no bo camiño.

 

Outro proxecto estrela da súa xestión como rexedora local é o Servizo de Transporte Urbán Municipal
Efectivamente. Nestes intres atopámonos ultimando os detalles do proxecto nunha Comisión de Estudo integrada por tódolos grupos da Corporación Municipal e esperamos que o servizo entre en funcionamento durante o vindeiro verán. A tarifa establecida para o billete do transporte urbano mosense será a máis simple: 0,85 euros. Será un billete único e os usuarios non terán que volver a pagar durante unha hora aínda que fagan transbordo a outra liña tanto do transporte urbano como do interurbano a outros municipios da Área Metropolitana.


Será un sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas.

 

Facendo extensivo o tema do transporte metropolitano á Área Metropolitana cóntenos, como beneficiará a Mos a entrada neste novo ente supramunicipal?
Pois a vantaxe fundamental será o transporte metropolitano interurbán que, combinado co servizo municipal de transporte urbán, permitiralles ós e ás mosenses desplazarse por toda a localidade e o resto de concellos da Área por un prezo inmellorable.


Ademais do transporte, progresivamente iranse mancomunando outros servizos que suporán a optimización dos mesmos, unida a unha importante reducción de custes e unificación de trámites, que se verán simplificados e axilizados.  

 

E outro tema de actualidade en Mos é a proximidade das Festas da Rosa, será esta unha edición especial para vostede?
Sí, en primeiro lugar porque tras elas espérannos uns novos comicios electorais nos que está en xogo o futuro do noso país. E tamén serán unhas festas moi especiais por todo o que falamos ó comezo desta entrevista: é a miña primeira Festa da Rosa como nai, como voceira do Partido Popular na Deputación e como vicepresidenta do PP provincial.


Ademais volvo a vivir a nosa principal celebración municipal coa confianza depositada en min polos veciños e veciñas de Mos renovada, tendo revalidado a Alcaldía e tendo transcorrido xusto un ano tras a toma de posesión que sucedeu ás derradeiras eleccións municipais de maio de 2015.


Este ano  as Festas da Rosa teñen un Pregoeiro moi novo e moi especial.
Sí nesta ocasión o noso Pregoneiro será o veciño da parroquia de Guizán e porteiro do Real Club Celta de Vigo, Rubén Blanco. Un rapaz moi novo pero moi maduro e responsable ó memo tempo, que está a facer un papel inmellorable no Celta e máis se lembramos a súa grave lesión nun ombreiro de fai uns meses. Ahí demostrou Rubén o seu esforzo e a súa capacidade de superación e de traballo tanto individual como en equipo, por iso consideramos que este e o seu ano e o mellor momento para que protagonice o Pregón das Festas da Rosa ó tempo que esperamos lle sirva de exemplo e guía á mocidade mosense. Rubén Blanco é todo un orgullo para o pobo de Mos.

 

E parece que este ano a Festa da Rosa vai de deporte, máis ben de deportistas, porque realizarase tamén durante as mesmas o nomeamento como Pavillón Patricia Martínez do Pavillón Castro Mos
Así é. Outro orgullo para Mos: Patricia Martínez, 12 veces campiona de España de Baile Deportivo. A verdade é que era o momento de adicarlle algún tipo de mención especial, porque a súa traxectoria deportiva dende moi moi cativa ben o merece. Patricia, que xa foi pregoeira da Festa da Rosa no seu día, leva orgullosa o nome de Mos polo mundo adiante e ademais xestiona e dá clases na Escola Municipal de Mos de Baile Deportivo, cuxos alumnos despuntan xa a nivel autonómico, conseguindo medallas no Campionato Galego durante os dous últimos anos.


Un labor de toda unha vida o de Patricia, a pesar da súa xuventude, que había que premiar, e así o fixemos co apoio unánime de toda a Corporación Municipal: adicándolle o pavillón da súa parroquia e onde no seu día se atopou ubicado o local no que ela recibiu as súas primeiras leccións de baile.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.