SARA CEBREIRO
“A aposta folk de Milladoiro no incomparable esceario do Pazo de Mos será o acto estrela das Festas da Rosa deste ano”
![[Img #25160]](upload/img/periodico/img_25160.jpg)
Un ano máis e unha nova edición das Festas da Rosa, tras tan longa historia desta xa clásica celebración do Concello de Mos resultará difícil superarse, cal e o prato forte da programación deste ano?
O concerto de Milladoiro o sábado 11 ás 22:00 horas estou segura de que será maravilloso. Despois de 5 anos como concelleira de Cultura, era seguro que a miña aposta sería como en anos anteriores por un grupo folk, un grupo que represente á nosa terra, ós nosos costumes, raíces e tradicións; desexo ademais que, nun entorno tan ideal coma o do Pazo de Mos, a posta en escea sexa inolvidable.
Que aspectos prioritarios tiveron en conta para deseñar a programación?
Como cada ano, traballamos para que a programación sexa variada, para todos os públicos e de calidade; sen olvidar por suposto as partidas orzamentarias municipais ás que temos que axustarnos.
E, ademais do punto estrela deste ano que é o concerto de Milladoiro, que outros aspectos, actividades e iniciativas destacaría?
Paréceme moi importante o nomeamento do Pavillón Castro-Mos como Patricia Martínez, Campiona de España de Baile Deportivo. É un recoñecemento moi merecido cara a esta muller nova que leva o nome de Mos por todo o mundo, a deportista mosense con máis títulos ás súas espaldas, que leva traballando na súa disciplina deportiva dende moi cativa.
O que da nome a esta Festa e que sempre ten un lugar moi especial é o Concurso de Ramos de Rosas, como está plantexado este ano?
Teremos tres premios económicos, ós tres ramos de rosas máis fermosas, por importe de 200, 150 e 100 euros. Neste concurso a deliberación do xurado sempre resulta complicada xa que hai gran participación e exemplares preciosos. Animo dende aquí a que toda a veciñanza participe un ano maís desta tradición que caracteriza ao noso municipio.
E continuarase coa exaltación da empanada de Pan de Millo?
Por suposto. Dende fai dous anos enmarcamos esta tradición gastronómica no propio día 13 de xuño, Día da Rosa, e o cambio foi moi ben acollido por toda a veciñanza e os visitantes que disfrutaron da festa. É ademais un pracer traballar da man das Mulleres Rurais, que son as verdadeiras coñecedoras deste prato e poñen todo o seu agarimo e as súas ganas para que non falte de nada. Por 3 euros a ración poderemos degustar empanada de pan de millo de bacallau, zorza, chocos e zamburiñas.
Dende que vostede é concelleira de Cultura os nenos sempre foron especialmente tidos en conta na programación da Festa da Rosa, hai algunha sorpresa para eles este ano?
Hoxe en día polo estilo de vida que temos, os pais e a as nais pasamos menos tempo do que nos gustaría cos nosos fillos, é por iso que fan falta actividades para disfrutar en familia, e que mellor xeito de pasalo ben que con música en directo, obradoiros, contos, flahsmobe, recunchos para comer… A xornada de “CANTO CONTO” ao longo de todo o domingo 19 no Pazo de Mos será un antes e un despois na programación da Rosa, xa que nesta primeira edición contamos xa con grupos como OVIRAVAI, A GRAMOLA GOMINOLA e AS MAIMIÑAS.
Haberá tamén deporte na presente edición das Festas da Rosa?
Dous grandes deportistas forman parte xa desta edición, Rubén Blanco, Pregoeiro, e Patricia Martínez, que como ben dixen antes será tamén homenaxeada, pero ademais estarán presentes as xornadas de patinaxe, mountain bike e o Memorial Juan Estevez “Nené” que non desaparece do recordo de todos.
E celebrarase unha vez máis a Xuntanza de Palilleiras en Costoias?
A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un montón de asociacións que dende moitos puntos de Galicia nos visitan cada ano, esta é unha xuntanza diferente á de outros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno agradable como o Parque de Costoias. Este ano ademais moi especial para a Asociación de Palilleiras de Mos, que traballan moito todo o ano e contarán coa visita de Raquel M. Adsuar, palilleira de Denia, Alicante, blogueira reputada e moi seguida a través de Youtube.
Finalizaremos a xornada coa visita de Cristian de Samil, que será o encargado de poñer o toque de humor a esta novena edición.
Como ve vostede a nivel xeral a cultura e o movemento cultural en Mos?
Sempre digo que o movemento asociativo e cultural de Mos é un pilar fundamental da miña concellería e de verdade que así o sinto de corazón. Traballamos da man ó longo de todo o ano. Non me podo imaxinar que serían as nosas festas sen a Banda de Música xuvenil de Torroso, da que tan orgullosos nos sentimos, as nosos corais, os grupos de gaitas e baile, as pandereteiras, os teatreiros… todos forman parte da programación que realizamos ao longo de todo o ano, teño que decir que é un privilexio contar con todos eles e todas elas.
E xa para rematar cóntenos, como cre que vivirá ou que significarán para vostede este ano as Festas da Rosa, que diferencia haberá respecto a anteriores edicións?
Despois de cinco anos como concelleira de Cultura, xa non vexo a todos eses veciños que veñen a participar das diferentes actividades da festa como sinxelos espectadores, se non que agora teño esa gran unión con eles que se vai xerando co paso do tempo, cando compartes festivais, festas, obradoiros, preocupacións, consellos, opinións sobre como fago as cousas e incluso críticas construtivas.
Son moi diferentes persoas ás que vas coñecendo no día a día do cargo como concelleira de Cultura. Tráballase da man coas asociacións, e moitos dos seus integrantes e directivos acábanse convertendo en persoas cercanas, poderíase dicir incluso amigos. Isto é o máis gratificante e co que realmente me quedo desta experiencia. Por todo isto, cada vez vivo esta festa con máis respecto cara a todos eles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149