Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 25 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSOE de Salceda tilda de "tomadura de pelo" o expediente de recoñecemento de 640.000 euros de crédito "sen dialogar"

[Img #25162]

 

O Grupo Socialista anuncia a petición de retirada do orde do día do recoñecemento extraxudicial de crédito que se levará de novo a pleno este venres.

 

A súa portavoz Verónica Tourón explicou hoxe que  “fai un mes, este recoñecemento xa foi retirado no pasado pleno, a petición nosa, pola necesidade de estudar polo miúdo as 1000 facturas que suman máis de 640000 euros que o goberno gastou sen ter partida económica. Hoxe, o goberno volta a presentar o mesmo expediente sen ningún diálogo nin consenso. Unha falta de respecto á corporación. Pídolle ao alcalde que reflexione e busque o diálogo para enderezar a súa mala xestión económica”.

 

“No último pleno, pedímoslle ó Sr. Alcalde que nos sentásemos os tres grupos da corporación, para estudiar en conxunto as posibilidades e chegar a un consenso para poder darlle saída a este tema, marcando unhas liñas de futuro que non nos volvan a levar a esta mesma situación”. “Estamos convencidos de que se hai vontade se pode chegar a solucións”, explican dende o grupo municipal. “O que non imos permitir é que se trate de aprobar a mesma proposta sen modificar un ápice. Isto non é un tema que se vaia a aprobar por aburrimento. É un tema serio e o alcalde xoga coa necesidade da xente, á que meteu nun serio problema económico por non facer as cousas ben e legalmente. A nosa resposta é a mesma que no anterior pleno. Responsabilidade e diálogo.”

 

Dende o pasado pleno do 26 de abril ata o día de hoxe, o concelleiro de facenda "tan só mantivo unha reunión coa voceira socialista, fai cinco días, para informar que o expediente ía volver ao pleno  sen ningunha modificación". A isto hai que engadir que  "se entrega a documentación solicitada o día de hoxe, despois da propia comisión, cando xa está pechado a orde do día do pleno e sen posibilidades de que o noso grupo dialogue outras propostas”.

 

A Voceira socialista, Verónica Tourón incide en que “por responsabilidade cos nosos veciños non podemos permitir que se faga esta mala xestión económica, e que non se marquen as liñas de actuación futuras para que isto non volva a acontecer. Polo ben dos veciños e veciñas o Sr. Alcalde ten que pensar en sentarse a dialogar e a consensuar, pedímoslle que faga un exercicio de responsabilidade, pois os provedores seguen esperando por cobrar.”  

 

“Presentamos unha alternativa para chegar a un consenso.  Hoxe, na comisión informativa, incluso pedimos que se retrasase o pleno uns días para sentarnos a corporación e entre todos solucionar este grave problema, pero unha vez máis fíxose caso omiso e convocouse o pleno, apenas dúas horas despois. A resposta do PSOE, como dicimos, non vai variar”.

 

Máis de 100 millóns das antigas pesetas gastadas sen partida e Salceda segue sen orzamentos.

 

Os socialistas instaron tamén ao goberno a que deixe de facer política de símbolos e se poña a xestionar. “A día de hoxe os socialistas seguimos esperando que nos presenten os orzamentos, pois estamos dispostos como xa lle trasladamos máis dunha vez a falar de orzamentos e do futuro dos nosos veciños e veciñas.”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.