Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A U.D. Mos, campiona de tempada, xa está en Primeira Rexional

Hoxe realizouse unha recepción na súa honra na Casa do Concello.

[Img #25183]

 

Onte a tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos un acto de recepción ó equipo da Unión Deportiva Mos, polo seu recente ascenso a Primeira Rexional ó erixirse campión da actual tempada 2015-2016. O acto celebrouse  ás 20.00 horas e contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes e tenente alcalde de Mos, Alberto Méndez, o tamén edil mosense Luis Alonso, Pablo Serodio, presidente da Unión Deportiva Mos e os xogadores e equipo técnico da U.D. Mos.

 

O título de liga decidiuse na derradeira xornada disputada o pasado domingo 22 de maio nun encontro trepidante por tratarse do derbi mosense no que se enfrontraban no Campo de Fútbol das Baloutas a U.D. Mos e o Club Louro-Tameiga. Para erixirse campións da tempada 2015-2016, á U.D. Mos valíalle cun empate, e finalmente logrou manter o marcador a ceros acadando o título de campión de liga e ascendendo á categoría de Primeira Rexional.

 

A rexedora local mosense agradeceulle á diretiva do clube o xeito no que o administra, pola súa responsabilidade e eficacia, “facendo un traballo encomiable”, dixo. Ademais Arévalo destacou a importancia do deporte en xeral, e non só do fútbol, para fomentar o enriquecemento en valores e os hábitos de vida saudables.

 

Rematou a alcaldesa dándolles a noraboa a tódolos xogadores e técnicos responsables da victoria do Mos e animándoos a traballar duro para manterse en Primeira Rexional e, incluso, chegar a subir a Preferente aplicando un pouco máis de esforzo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.