MOS
55 estudantes do Instituto mosense gradúanse nun acto celebrado no Multiusos
Estiveron acompañados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira Julia Loureiro.
![[Img #25197]](upload/img/periodico/img_25197.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense Julia Loureiro, acudiron esta tarde en representación da administración local ó acto de Graduación dos alumnos e alumnas de 2º curso de bacharelato do Instituto de Mos.
Con motivo da finalización dos estudos no IES de Mos para o alumnado de segundo de bacharelato, todos os anos o IES, en colaboración co Concello, organiza un evento para festexar a súa Graduación.
As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, definiron dita festa como “un acto de celebración e peche dunha etapa na vida todos/as os/as estudantes de Mos que finalizaron os seus estudos no IES e que emprenden, a partir deste momento, novos proxectos formativos e laborais”.
Nos últimos anos tense realizado dito evento no auditorio do edificio do Multiusos de As Pozas, próximo ao edificio do IES. Este ano, dende o Concello vólvese a facilitar o espazo do auditorio do Multiusos e o material para a montaxe e organización da festa de Graduación.
Cada mozo/a graduado recibiu de mans da rexedora local e a edil, un agasallo en lembranza da súa despedida do IES.
Na xuntanza desta tarde pretendíase celebrar os resultados acadados polo alumnado de 2º de bacharelato mediante a realización dun último encontro. Asistiron un total de 55 alumnas e alumnos de segundo de bacharelato matriculadas/os no IES de Mos (acompañados de familiares e amigos) ós que Nidia Arévalo e Julia Loureiro felicitaron emotivamente e desexáronlles todo o mellor para as súas futuras traxectorias académicas e profesionais, e por suposto vitais como veciños e veciñas de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149