Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 29 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Partido Popular de Ponteareas acusa ao goberno local do estado de abandono que presenta o Castro de Troña

[Img #25188]O Partido Popular de Ponteareas denuncia "o estado lamentable e de abandono total que presentan algúns dos elementos patrimoniais máis senlleiros do noso concello, a poucos días da celebración do Corpus Christi ponteareán e do Cumio de Expertos en Medio Ambiente e Saúde".


"Así, quen visite o Castro de Troña, será testemuña directa da patente falta de mantemento e limpeza dun dos máis destacados recursos turísticos do noso concello. Neste sentido, foron moitas as queixas de persoas que visitan este referente do mundo castrexo atlántico, moitos deles hospedados no Balneario de Mondariz,  que nos trasladaron o seu malestar polo estado de abandono que presenta Troña" aseguran dende o PP.


"Esa falta do periódico mantemento, limpeza e desbroce provoca, sobre todo, a proliferación de especies invasoras, maiormente mimosas, que en consecuencia deterioran gravemente as construcións castrexas, isto tradúcese en que este importante recurso arqueolóxico e turístico, que é visitado durante esta tempada por multitude de visitantes e excursión de colexios, amose un estado lamentable e vergonzoso, levando para súas casas unha imaxe patética da nefasta xestión do Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente a consecuencia dun ano de desgoberno e nula xestión dos recursos turísticos do noso concello" explican.


Ademais," todos os visitantes poden contemplar o grave deterioro dos sinais explicativos que axudaban a interpretar o xacemento arqueolóxico, uns desaparecidos, outros tirados polo chan e, por si fora pouco, non repuxeron o bolardo que impedía que os vehículos puideran acceder libremente á explanada que circunda á capela".


Por último engaden que "unha vez máis, parécenos incrible que o Alcalde, Xosé Represas e a concelleira de Cultura Hortensia Bautista non teñan vergoña do seu manifesto abandono de funcións e desidia do enclave arqueolóxico máis sobranceiro do concello de Ponteareas, esta debe ser a maneira que entende a concelleira de Cultura Hortensia Bautista de “oidar e valorizar o noso acervo cultural”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.