MOS
Mos pecha as contas do 2015 cun superávit de máis de medio millón de euros
A liquidación do pasado exercicio cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria.
![[Img #25195]](upload/img/periodico/img_25195.jpg)
A sesión plenaria ordinaria do mes de maio do Concello de Mos que se celebrará o vindeiro luns, día 30, incluirá na orde do día a dación de conta da Liquidación Orzamentaria do exercicio 2015, tal e como avanzaba hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.
Mos pechou as contas do ano pasado cun superávit de máis de medio millón de euros (529.362,38 euros, concretamente) cumprindo ademais co obxectivo de estabilidade orzamentaria.
O informe de intervención "avala uns resultados positivos na liquidación do orzamento do pasado ano 2015 que se resumen no cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria con superávit de 529.362,38 euros, resultado orzamentario do exercicio positivo por importe de 125.347,44 euros, e remanente de tesourería positivo por importe de 225.021,71 euros que será destinado á amortización de débeda" segundo sinalan nun comunicado de prensa emitido dende o Concello de Mos.
"Estes tres indicadores da liquidación presupostaria teñen un resultado positivo e veñen a demostrar que se está cumprir o Plan de Axustes posto en marcha en 2011 e que, se a progresión económica das arcas municipais continúa deste mesmo xeito, en 7 anos a débeda do Concello de Mos será cero" explican.
Respecto do grao de execución do capítulo de ingresos, destacan "que se supera a porcentaxe do 90% en todos os casos. Os impostos directos tiveron un grao de execución do 97,18%. Nas taxas e outros ingresos a porcentaxe de execución foi dun 90,01%. En canto ás transferencias correntes, capítulo no que destaca a recadación da participación nos tributos do estado e o Fondo de Cooperación, a porcentaxe de execución foi do 91,98%. Nos ingresos patrimoniais a porcentaxe de execución foi do 97,30%. E en transferencias de capital a porcentaxe de execución foi do 93,73%".
En definitiva, segundo o informe do interventor municipal do Concello de Mos, "a liquidación do orzamento mosense do exercicio 2015 cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria, entendido como a situación de equilibrio ou de superávit en termos de capacidade de financiamento".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149