A GUARDA
O Concello da Guarda acolleu a sesión plenaria da Cámara de Comercio de Tui
Este pasado mércores 25 de maio o Concello da Guarda acolleu no seu Salón de Plenos a sesión plenaria da Cámara de Comercio de Tui.
![[Img #25220]](upload/img/periodico/img_25220.jpg)
O principal asunto obxecto de análise nesta reunión tivo á Guarda como centro de atención, por ser a poboación máis afectada pola vía de alta prestación (VAC) Tui-A Guarda. Falouse da polémica xurdida polo desvío de 3,6 millóns de euros de fondos comunitarios ao desdobramento do corredor do Morrazo, dando conta o Presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, da visita da Conselleira de Infraestrutura que anunciou a inminente información pública do enlace de Areas, o nó máis complexo do proxecto e acceso directo ao Polígono de Areas.
Ademais, entre os diferentes asuntos tratados co propio Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi informado da reforma do antigo edificio da Aduana de Tui que se converterá nunha futura sede cameral na que se habilitará un punto de información turística para a promoción dos recursos da Guarda, así como unha sala de exposición permanente de produtos de calidade da demarcación cameral.
Tras finalizar a sesión, o Presidente da Cámara de Comercio de Tui expresou o seu agradecemento ó alcalde da Guarda pola boa acollida recibida e a dispoñibilidade do organismo para colaborar en futuras iniciativas conxuntas que beneficien os intereses económicos da Guarda en particular e do Baixo Miño no seu conxunto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149